1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300814 betGaliza - CIG - O Goberno municipal vén de abrir expediente informativo á delegada de prevención a petición da UGT.


O Concello de Betanzos vén de abrirlle un expediente informativo a unha delegada da CIG, membro do Comité de Empresa e delegada de prevención de riscos laborais. Segundo informa á propia compañeira, este expediente ábrenllo a petición da UGT e á vista dun escrito presentado pola Sección Sindical desta organización. Dende a CIG no Concello de Betanzos consideran que este "é o último capítulo de persecución sindical perpetrado polo Goberno municipal coa axuda da UGT, que teima en ir contra as/os traballadoras/es no canto de defendelas/os".
Recurso Concello Betanzos

Dende a Sección Sindical descoñécese se con esta persecución aos delegados e delegadas da CIG "a UGT pretende recuperar o que perdeu nas urnas". Segundo explican, o expediente céntrase no ocorrido nunha reunión de traballadores/as na que estaba presente o propio concelleiro da área, e na que se puxo de manifesto que había unha traballadora que non cumpría co seu cometido e isto supoñía unha sobrecarga de traballo para as restantes.

"Acto seguido, os membros da UGT do Concello de Betanzos, que nin sequera estaban presentes alí, decidiron denunciar ante o alcalde unha versión dos feitos que non coincide co realmente acontecido", denuncian.

A este respecto, a Sección Sindical asevera que "dende a CIG defendemos os dereitos dos traballadores e traballadoras que cumpren os seus deberes, porque os/as empregados/as das Administracións públicas somos quen primeiro que debemos dar exemplo; e o que non imos é avalar os/as traballadores/as que non cumpren coas súas tarefas para que recaian noutras/os compañeiras/os".

A Sección Sindical da CIG amosa o completo apoio á compañeira expedientada e o rexeitamento ás actuacións do Goberno municipal "amparadas polo sindicato da UGT. Consideramos que o PSOE debe recapacitar na súa cruzada contra a CIG e contra os propios traballadores e traballadoras do Concello", afirman.

Neste senso, lembran que este mesmo goberno despediu, hai dous anos, de xeito improcedente ao Secretario do Comité de Empresa, xunto a outros traballadores/as, curiosamente "ninguén da UGT". Hai un ano, abriu un expediente, por primeira vez, a un dos compañeiros da CIG readmitidos "e agora colma o vaso expedientando a unha delegada de prevención de riscos laborais por laretadas que a UGT non pode nin demostrar".

As delegadas e delegados de prevención de riscos laborais da CIG teñen levado ao Goberno municipal neste últimos anos múltiples veces á Inspección de Traballo, que se ve na obriga de apercibir continuamente o Concello de Betanzos. Estas actuacións, subliñan, tamén teñen sido duramente criticadas pola UGT, "sempre partidaria de non denunciar as irregularidades diante da autoridade laboral". Por iso, temen que este "último e gravísimo feito non se deba máis que á represión pura e dura ante o traballo sindical da compañeira da CIG".

"Coidamos que é completamente vergoñento o xeito en que o Concello ignora o comportamento completamente antidemocrático dalgúns traballadores e traballadoras e busca escusas para crucificar a quen que non fai máis que defender os dereitos do persoal laboral deste Concello e denunciar as irregularidades que levan anos cometéndose", conclúen.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.