1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150814 cigGaliza - CIG - A paralisaçom, iniciado o pasado mércores, convocouse en demanda do cobro dos atrasos salariais e polo mantemento dos empregos.


A CIG das Pontes manifestou o apoio aos/ás 27 traballadores/as de Daixong Spain ante a loita que están a levar para defender o seu dereito a percibir os salarios e a que se lles garantan os postos de traballo.

Dende que a empresa se instalou no Polígono de Penapurreira, explica o responsábel da Unión Local, Alberte Amado, estivo marcada pola súa política da precarización laboral, "sufrindo os traballadores/as continuos atraso nos pagamentos e xerándose débedas salariais, traballando en condicións que non cumpren a normativa de seguridade e padecendo despedimentos con anterioridade a este conflito".

Daixong Spain instalouse a finais do 2012 na localidade das Pontes e dedícase a elaboración de cable pretensado de aceiro. A firma chinesa cuxa matriz é a empresa china Tiajing Daixong Prestressed percibiu axudas diversas das Administracións (Plan Miner, Plan FerroL...) para a súa instalación na comarca.

Dende a CIG agárdase a implicación de todas as Administracións para que esta empresa non sexa outro proxecto errado, que se aproveita das axudas e remate pechando, ao igual que xa sucedeu con outras como foi o caso de CT-Rad, tamén instalada no Polígono de Penapurreira.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.