1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180714 bombeirosGaliza - Diário Liberdade - Reproduzimos o comunicado remetido polos bombeiros dos parques comarcais das Pontes, Cee, Santa Comba, Monforte de Lemos, Sárria e Chantada.


O pasado mércores 16 tivo lugar unha asemblea xeral dos bombeiros dos parques comarcais de As Pontes, Cee, Sta. Comba, Monforte, Sarria e Chantada xestionados pola Consultoría Natutecnia s.l.

Despois de 10 meses de conflito entre empresa e traballadores con fin de acadar un convenio que regule as condicións laborais dos bombeiros de xestión privada, e rachadas as negociacións entre as dúas partes xa hai mais de 15 días, os traballadores aprobaron por maioría o texto definitivo de convenio que se enviaría a empresa como derradeira tentativa de pechar un acordo antes de levantar acta definitiva de fin de negociacións, e dar por finalizado un conflito que se iniciou en Outubro do ano pasado.

Os traballadores entenden que non é de recibo que a empresa queira impoñer un réxime sancionador que non ten sentido ó querer rexistrar como falta cubrir erroneamente un formulario de comunicación de troco de quenda entre dous traballadores, por poñer un exemplo de outros moitos que se poderían mencionar.

Despois de sufrir o despedimento de dous compañeiros hai dous meses, quenes tiveron que sofrer unha sanción de dous meses de emprego e soldo antes de ser readmitidos, os bombeiros non poden admitir que unha empresa que presume de ser especialista en xestión de persoal tente incluír no convenio novos motivos para sancionar ós traballadores que tan ben sabe xestionar. 

Hoxe enviouse a Natutecnia o texto aprobado na asemblea para que poida analizalo e sopesar se quere pechar o conflito que esta mesma semana levou a que os bombeiros comecen a secundar folga novamente, ou levantar acta de peche definitivo de negociación de convenio, e voltar á situación de conflito activo.

O feito de secundar novamente a folga é algo que o colectivo bomberil non lle agrada o mais mínimo, pois unha das principais reivindicacións dende hai anos é que doten os parques comarcais de xestión privada con 5 efectivos por día.

Éste é un servizo que comeza a súa precariedade no mesmo intre no que so 3 bombeiros dan cobertura a multitude de cidadáns espallados en varios concellos. Hai que lembrar que o parque de As Pontes, por exemplo, cubre os concellos de Monfero, Pontedeume, Cabanas, San Sadurniño, Somozas, A capela, As Pontes de Garcia Rodríguez e parte do concello de Xermade que entra na provincia de a Coruña. 

Os bombeiros tan so poden facer exercer o seu dereito a folga os fins de semana cando o parque conta con 4 efectivos. Dita circunstancia non é do agrado dos traballadores pois entenden que quedar sen un compañeiro por exercer o seu dereito a folga redunda gravemente na súa seguridade, na seguridade dos cidadáns e na efectividade do servizo.

Asemade de aprobar un texto definitivo de convenio para tentar a sinatura do convenio, os bombeiros aprobaron por maioría convocar unha manifestación para a semana do 28 de xullo na Deputación de A Coruña, como mostra do malestar pola pasividade da administración ante un conflito que afecta gravemente a un servizo publico tan importante para os cidadáns galegos.

Entenden que de non ser posible acadar un acordo o día 22, esixirán responsabilidades á administración a partires de agora.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.