1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

050913 cigvigoGaliza - CIG - Delegados/as da central nacionalista concentráronse ás portas dunha empresa de traballado temporal en Navia e ocuparon outra no centro de Vigo.


A Coordinadora do Automóbil da CIG desenvolveu hoxe unha nova acción dentro da campaña de denuncia que está a desenvolver contra o "mercadeo da man de obra" que se está a formalizar no sector da automoción a través das empresas de traballo temporal. Delegados/as da central nacionalista concentráronse esta mañá diante dunha ETT en Navia e ocuparon posteriormente outra no centro de Vigo.

Dende a Coordinadora do Automóbil explicaron que algunhas empresas do sector, aproveitándose da situación desesperada de tantas familias, veñen realizando unha ofensiva de recorte de dereitos sociais e de redución de salarios "e agora de maneira masiva substituíndo o seu persoal fixo ou con contrato eventual por traballadores/as cedidos polas ETT".

Segundo indican, este abuso na contratación mediante empresas de traballo temporal faise incluso vulnerando acordos de empresa como os propios convenios colectivos, "o que fai medrar a nosa indignación, igual que o feito de que isto ocorre a plena luz do día con coñecemento do propio CEAGA e tamén das Administracións públicas".

Diante disto, optaron por levar a cabo un calendario de mobilizacións que hoxe deu comeza cunha concentración ás portas da ETT Adecco en Navia e a posterior ocupación simbólica de Randstad na rúa Uruguai de Vigo. Durante as protestas, que se desenvolveron sen incidentes, berráronse consignas como "ETT mercaderes do traballo" ou "Emprego digno na nosa terra".

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.