1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

100613 faixaGaliza - CIG - De xeito maioritario, o persoal amosa a súa preocupación pola situación socioeconómica de Trasancos.


A convocatoria de Greve Xeral Comarcal do vindeiro mércores 12 de xuño continúa sumando apoios entre os traballadores e traballadoras de Ferrol, Eume e Ortegal. Nas asembleas que se están a celebrar nos centros de traballo, de xeito maioritario o persoal amosou a preocupación pola situación da comarca, trasladando o apoio ao paro xeral.

Entre outras, até agora xa expresaron o seu apoio á folga as asembleas de traballadores e traballadoras de:

- Navantia Fene e Ferrol

- Detegasa

- Remanosa

-Talleres Mecánicos Galicia

- Insder

- SAGEP (Sociedad Anónima de Gestión de Estibadores Portuarios)

- Camuyde

-SEMI

- BIS

- Tecais

- SICE

- Moreira

- Talleres Prego.

- Xunta de Personal da Área Sanitaria de Ferrol.

- NOA.

Resposta masiva contra a situación de emerxencia social

As organizacións sindicais convocantes, CIG, CCOO, UGT e USTG, denuncian a situación de "emerxencia social" que padece Ferrolterra, cunha taxa de paro que xa ascende ao 32%; con máis de 26 empresas pechadas no último ano –ou a piques de facelo-; máis de 14 empresas presentaron expedientes de regulación de emprego no que vai de ano; e unha sangría poboación que non deixou de medrar na última década.

Fronte a esta dramática situación e as promesas electorais incumpridas, as centrais sindicais reclaman solucións urxentes que permitan reverter estas condicións. Por iso, instan a toda aos/ás traballadores/as e á cidadanía en xeral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a dar unha resposta masiva o vindeiro mércores 12 de xuño, secundando a xornada de greve e participando na manifestación que sairá ás 12:00 horas dende o Inferniño.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.