1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

080613 salariosGaliza - CIG - A CIG denuncia o escandaloso aumento das rendas empresariais fronte ás salariais nun momento de forte contracción económica.


Exixe que se muden as fracasadas políticas económicas, fiscais e laborais, nomeadamente a reforma laboral e a da negociación colectiva

A Confederación Intersindical Galega denuncia que na etapa de maior contracción da actividade económica en Galiza, as rendas empresariais aumentaron de forma escandalosa até superar, por vez primeira na historia, a masa de remuneración de asalariados. Unha situación que evidencia o transvase de riqueza da clase traballadora á empresarial; o grave incremento das desigualdades sociais e que fai aínda máis urxente e necesaria a mudanza das fracasadas políticas económicas, fiscais e laborais.

A actividade en Galiza medida a través do Produto Interior Bruto (PIB) reduciuse un 1,2%. Unha redución que non afectou de igual forma aos distintos axentes que participan na mesma. Mentres que no ano 2011 a remuneración total de asalariados/as supoñía o 45,7% do PIB, no ano 2012 foi de tan só o 43,7%. Pola contra, o excedente bruto de explotación (rendas empresariais) pasou dun 45,4% a un 47,4%. Porén isto non ocorreu porque as rendas empresariais diminuíran menos que as rendas dos traballadores, senón que as rendas empresariais aumentaron en tempos de crise.

Isto constata o claro transvase de rendas da clase traballadora á clase empresarial. E non é só que a clase empresarial resista mellor a crise, senón que se está a aproveitar claramente dela.

Esta negativa distribución da renda agrávase co feito de que o investimento das empresas no tecido produtivo reduciuse durante este ano nun 4,1% . É dicir, este maior beneficio non se está reinvestindo na economía.

2011

2012

2011

Porcentaxe sobre o total

2012

Porcentaxe sobre o total

Remuneración asalariados/as

26.064.237

24.640.637

45,7

43,7

Excedente bruto de explotación / renda mista

25.885.526

26.761.612

45,4

47,4

Impostos netos sobre produción

5.036.304

4.972.213

8,9

8,9

PIB

56.986.067

56.374.462

100

100

* Fonte IGE. Contas Económicas trimestrais

A CIG denuncia que este incremento das desigualdades sociais e de concentración da riqueza en mans de oligarcas e especuladores vén provocada polas políticas económicas dos gobernos do PP no estado e na Xunta. Políticas como a reforma laboral e a da negociación colectiva, que se están a adoptar so pretexto de superar a crise e crear emprego e que, pola contra, están a xerar unha fortísima destrución de emprego e unha escandalosa caída dos salarios.

Ante esta situación, a CIG exixe un cambio inmediato nas políticas económica, fiscal e laboral, para que se favoreza realmente a creación e emprego e se poidan frear e reducir as cada vez maiores desigualdades sociais que os datos anteriormente expostos, entre outros, evidencian.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.