1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030513 compGaliza - CNT - Crónicas da participaçom libertária nas manifestaçons de Compostela e Ourense.


O pasado 1.º de maio, CNT Compostela mobilizouse para participar nos actos que preparou xunto coa CUT, a Asemblea Aberta e as Asembleas Abertas de Estudantes.

A manifestación conxunta, baixo o lema "NA DEFENSA DAS NOSAS VIDAS, SEGUIMOS NA LOITA!", saiu da praza 8 de marzo pouco despois das 12.30 a unhas rúas case dominicales. Pero a baixa participación nas manifestaciones dalgúns dos sindicatos do Estado non impediu que a nosa chegase a reunir unhas mil persoas que corearon con entusiasmo os nosos lemas mentres cruzabamos a zona vella.

Realizouse o percurso sin incidencias, manténdose unha serena e orgullosa sensación de unidade. Da zoa vella pasouse á nova, facéndose paradas de cando en vez para lembrar determinado aspecto da loita que non convén esquencer, sinalar ao inimigo ou reflexionar sobre erros cometidos no pasado. Ao noso paso, quedaba na fachada dos bancos algunha que outra mostra do descontento xeralizado contra a usura e os seus responsábels.

De volta xa na zona vella, a manifestación rematou na praza do Toural, onde compañeiros dos colectivos organizadores dedicaron unhas palabras aos asistentes. Sen buscar ser exhaustivo, falouse da necesidade de manter unha participación e unha militancia constantes e sen buscar a espectacularidade do vanguardismo; do rexeitamento a un sistema que considera a educación cada vez máis coma una cadea de montaxe pezas homologadas e intercambiabeis para a súa maquinaria; da orixe do 1.º de maio e como nós, herdeiros dos mártires de Chicago, disfrutamos hoxe de dereitos hoxe que custaron sangue e suor no pasado, emuitas máis cousas.

Tras rematar os mítines e debido ao tempo, dirixímonos todos ao local da Troita Armada para saciar a fame e seguir pasando a xornada en fraterna compañía, para saír despois cara á Gentalha do Pichel, onde finalmente se celebraron os concertos previstos. Hai que agradecer ás compañeiras e compañeiros que fixeron o esforzo de organización e preparativos, e ás asociacións que permitiron o uso das súas instalacións.

Un primeiro de maio sereno, firme e de afirmación da clase traballadora, conseguido grazas á unión, a acción e a autoxestión.

Que viva a loita da clase obreira!


Crónica 1.º Maio NC-CNT Allariz

030513 oureEn Ourense, o NC de CNT en Allariz participou na manifestación do 1º de Maio nun Bloque Crítico composto por sindicatos (CGT, CUT) e colectivos sociais (Adiante, AMI-CEIVAR, FOI, Stop Desahucios,...) á que acudiron unhas 200 persoas.

Ao final do traxecto cada grupo leu un comunicado chamando basicamente á unidade da loita obreira e á rebelión contra os ataques que esta e a sociedade civil veñen sufrindo por parte do Estado. A xornada desenvolveuse sen incidentes.

Pola tarde o NC-CNT en Allariz mantivo en Ourense un punto informativo con propaganda e libros.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.