1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

200413 feijoGaliza - CIG Administraçom - O Consello da Xunta do xoves 18 de abril anunciou o proxecto da Orde pola que se regula a xornada e horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.


Para cando fixeran público o resumo do Consello, xa antes "La Voz de Galicia" lanzara a información sobre o asunto.

Ese mesmo xoves, pola tarde, fomos convocados a unha xuntanza para o día seguinte pola mañá. Na convocatoria que nos achegou a Directora Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa nos dín que "O texto normativo repartirase na dita reunión e concederase prazo para formular as observacións que se estimen oportunas". Lémbranos esto a un cartel dun partido de fútbol entre o Caritel e o Esfarrapada onde dicía: "Ao final repartirase unha tapa de churrasco gratis e concederase unha foto co capitán do equipo" ou aquilo de "Se agasajará a los presentes con un vino español y se concederá al ganador un baile con la Reina de las Fiestas".

Hai dúas semanas foi o anteproxecto de Lei de racionalización do sector público, que nen sequera nos remitiron, a semana pasada foi o anteproxecto de Lei do Emprego Público e unha semana despois a Orde sobre flexibilidade horaria e teletraballo: para as dúas últimas, no tempo dunha semana, fomos convocados dun día para o seguinte a unha xuntanza sen documentación previa e cando xa algunha prensa afín fixera de altofalante dos seus amigos. Esto non é negociación, non é respeto aos empregados/as públicos/as, é soberbia, imposición, altivez, arrogancia.

Non entendemos a que vén tanto segredo cando xa onte adiantaron as principais novidades na nota aos medios de comunicación tralo consello. Pero sobre todo non compartimos a actitude de "repartir e condecer"; a Administración non reparte e concede os nosos dereitos de flexibilización nin negociación das nosas condicións laborais; os nosos dereitos son nosos porque así foron pelexados e foron recollidos en normas con rango de lei, non emanan pois da xenerosidade.

No PP van de sobrados. É tal a chulería que teñen que denigran a opinión das traballadoras e traballadores; nas nosas condicións laborais só existe unha visión: a súa. Por iso para eles o dereito á negociación colectiva non é máis que un convite a recoller un texto e "concedernos a gracia" de presentar algunha alegación no prazo que eles "estimen oportuno". Nen sequera se molestan os actuais dirixentes políticos en gardar un mínimo as formas, en amosar boa fe, en respetar aos representantes dos traballadores. Teñen a capacidade de impoñernos a súa vontade, pero que nos van ter que soportar que o teñan por seguro.

Mentres esto vamos discutir, o programa kronos non funciona en condicións. Un desastre de programa que custou 700.000 € máis 100.000 de mantemento.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.