1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

170413 greveensinoGaliza - CIG - Anxo Louzao, secretario nacional, denuncia que se trata dunha lei "perversa e nociva"


A CIG-Ensino vén de anunciar, en rolda de prensa, que convocará unha folga en todo o ensino público galego para o próximo 9 de maio. A CIG-Ensino xa advertiu no inicio do curso, diante da presentación do anteproxecto de LOMCE, que se o Ministerio de Educación non retiraba a proposta era necesaria unha folga no ensino.

A convocatoria desta folga chega despois de que a CIG-Ensino levara a cabo unha intensa campaña de información e debate sobre unha lei "perversa e nociva" para o ensino público galego. A CIG-Ensino realizou durante este curso máis de 1.500 asembleas nos centros de ensino para informar dos perigos da súa aprobación e recolleu máis dez mil sinaturas de profesorado contra a LOMCE. Ademais está a participar activamente nas mobilizacións e peches promovidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

A convocatoria da CIG-Ensino coincidirá coa folga no ensino a nivel de Estado que xa anunciaron a través dos medios de comunicación as organizacións sindicais españolas. "Congratulámonos que a nivel de Estado as organizacións sindicais tamén viran a necesidade de facer esta folga, aínda que se evidencia, unha vez máis, a súa visión centralista –explicou Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino. Non contaron para convocala coa organización sindical maioritaria no ensino galego e escollen unha data que é festivo na capital de Galiza. En calquera caso, o importante para a CIG-Ensino, é que a folga ese día sexa un éxito e frear a súa aprobación".

Na rolda de prensa deste martes 16 de abril, Anxo Louzao lembrou que a LOMCE é profundamente españolizadora e privatizadora, que retrotrae o sistema educativo aos postulados do franquismo e que recolle a visión da educación da Conferencia Episcopal. "Está ao servizo da patronal da privada concertada, porque fai unha planificación do ensino como mercadoría e dálle incluso rango de lei aos concertos con centros que segregan alumnado por razón de xénero", explicou.

Louzao lembrou tamén que se reforza a confesionalidade do ensino, que liquida a xa cativa xestión democrática dos centros, porque usurpa competencias que agora teñen os Consello Escolares e as direccións serán impostas pola Administración. "Como xa temos denunciado reforma o ensino para convertelo nun sistema moito máis elitista, selectivo e segregador, que vai expulsar ao alumnado con menos recursos e que pon en tea de xuízo o dereito á educación. Desconfíase do traballo do profesorado e introdúcense reválidas que farán que o alumnado se xogue todo o seu futuro a unha carta", engadiu.

Por último, a CIG-Ensino denunciou, unha vez máis, a actitude do Conselleiro de Educación que, diante do espolio de competencias, segue desaparecido e actuando como militante disciplinado do PP, negándose a abrir un debate que permita fixar unha posición do Goberno galego e que teña en conta a opinión da comunidade educativa galega. Por todas estas razóns "como CIG-Ensino imos poñer todo da nosa parte para que a folga do día 9 de maio sexa todo un éxito. Procuraremos chegar a todos os centros de ensino, antes desa data, continuando co noso traballo de informar e promover o debate para que o profesorado sexa consciente da consecuencias negativas desta lei e do perigo que a súa aprobación tería para o sistema educativo galego".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.