A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten convocada mobilizacións en todas as comarcas este xoves, 31 de xaneiro, en contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE). A Plataforma, integrada por membros de toda a comunidade educativa, fai un chamamento aos pais e nais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto para que participen nas concentracións convocadas de xeito simultáneo nas sete cidades ás 19:30 horas.
Lugares das concentracións:
A Coruña: Praza de Pontevedra
Ourense: Xefatura Territorial de Educación
Lugo: Subdelegación do Goberno
Vigo: MARCO
Santiago de Compostela: Praza do Toural
Pontevedra: Praza da Peregrina
O Barco de Valdeorras: Praza do Concello
Ferrol: Edificio Administrativo da Xunta
Carballo: Praza do Concello
Lalín: Praza do Aviador
A Plataforma tamén apoia a greve estudantil e a manifestación convocadas polos Comités e a Liga Estudantil para o 6 de Febreiro no ensino medio e universitario.