Supón ademais a perda de prazas para os concursos de traslados e para a promoción interna. Hoxe son os interinos pero mañán serán os funcioarios de carreira, xa que en varias CCAA se está a estudar o paso á excedencia forzosa de funcionarios ante a falta de prazas.
No proxecto de Orzamentos 2013 a Xunta establece no seu artigo 24 que non se inclúen no anexo de persoal desa lei as prazas vacantes sen ocupación, que posteriormente deberán ser amortizadas.
Pois ben, nos Orzamentos deste ano pasamos das 10.649 prazas de funcionarios no 2012 a tan só 9.496 no 2013 o que supón un recorte dun 11%.
Os grupos máis afectados son o A2, cunha redución de case o 20% das prazas e o C1, con case o 12%. No caso do grupo C2, o recorte sería do 14% se se toman como referencia os dous últimos anos.
Efectivos Redución
2012 2013 Efectivos %
A1 2.828 2.593 -235 -8,31%
A2 1.733 1.399 -334 -19,27%
C1 2.458 2.172 -286 -11,64%
C2 2.490 2.253 -237 -9,52%
Agr.Pr. 1.140 1.079 -61 -5,35%
Total 10.649 9.496 -1.153 -10,83%
A pretensión da Administración é non deixar prazas vacantes puras para os concursos de traslados, co cal, coa resolución do concurso de corpos especiais e escalas e co próximo concurso de traslados de corpos xerais, ao que hai que sumar as tomas de posesión de procesos selectivos, calquera movemento vai ser para postos ocupados por interinos, co que a Administración vai aproveitar estes procesos para facer o traballo suxo.
Pero as prazas deixadas vacantes tras o concurso tamén van ser amortizadas, co cal se reducirá ainda máis o número das mesmas, e as oportunidades de volver a ser chamado das listas para traballar é nula, polo que podemos dicir que isto significa que máis de mil compañeiros van deixar de traballar na Administración Pública Galega, menos de mil postos vai haber para os concursos de traslados e menos de mil postos para os procesos selectivos.
Unha mengua na Administración que vai repercutir nos servizos que se prestan. Porta de entrada a empresas privadas como veñen facendo. Iso, e non o aforro derivado das amortizacións, é o núcleo central da filosofía da redución da Administración.
En definitiva, a amortización destes 1,135 postos de traballo vai supoñer:
- Perda de emprego ao longo do ano dun número similar de interinos.
- Desaparición na práctica dos concursos de traslados e procesos de promoción interna, ao non haber case prazas.
- Posibilidade a medio prazo de recorrer a medidas de excedencia forzosa dos funcionarios como noutras CCAA.
A CIG-Autonómica quere amosar a súa opisión ao desmantelamento dos servizos públicos.
Foto: Susete - Manifestaçons de ontem, quinta (17), em defesa dos serviços públicos. A foto corresponde a Ferrol.

