1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

141212 slg carneGaliza - SLG - O Sindicato Labrego Galego presentou hoxe, 13 de decembro, a táboa reivindicativa que vén de elaborar a Dirección da Carne de Vacún de cara a facerlle fronte aos principais problemas deste sector na Galiza.


Os encargados de explicar as demandas do SLG foron o responsable da Dirección da Carne de Vacún, Xosé Luís López Galán, e o coordinador dos sectores gandeiros, Xabier Gómez Santiso. Ambos coincidiron á hora de sinalar a gran importancia do sector da Carne de Vacún na Galiza, ao que consideraron "o gran esquecido da gandería do noso país, a pesares de ser o que conta con maior número de explotacións; unhas 30.000". Ademais, o seu peso social é enorme, ao ser unha das poucas formas de gandería que se pode dar en amplas zonas de montaña e do interior do noso medio rural, e ao estar presente en máis concellos, contar con maio número de vacas e ao implicar a máis persoas incluso que o sector lácteo.

O encargado de dar a coñecer a táboa reivindicativa do SLG foi Xosé Luís López Galán, que agrupou as demandas en dúas grandes áreas: aquelas que teñen que ver co sector na Galiza, e as referentes á Política Agraria Común (PAC):

A nivel galego:

1. Esiximos das autoridades que a carne que se importa de fóra cumpra coas mesmas condicións que se nos esixen a produtores e produtoras da Unión Europea.

2. Que as explotacións teñan acceso á base territorial que necesiten para ser viables. Que se pare a forestación de terras agrarias.

3. Que se cumpra xa, e a todos os niveis, a lexislación de trazabilidade.

4. Seguir traballando no camiño de conseguir poder facer sacrificios de urxencia nos matadoiros.

5. Que as axudas que se establezan sexan efectivas e sirvan á xente e ás explotacións, e non aos bancos.

6. Fomento do consumo da carne galega fronte á foránea en carnicerías e institucións.

7. Control das pesadas nos matadoiros para que deixen de roubarnos.

8. Que o sector de carne de vacún sexa considerado como básico para manter a poboación e a vertebración social da maioría do rural galego.

A nivel de Política Agraria Común (PAC):

1. Participar activamente nas mobilizacións por un nova agricultura na UE arredor da soberanía alimentaria, agricultura para as persoas e non para a especulación.

2. Manter a intervención pública e almacenamento privado para a carne de vacún.

3. Que as axudas directas sirvan para compensar a diferencia dos prezos cos custos de produción, tal e como foron concibidas, e non para as grandes corporacións e terratenentes.

4. Que as zonas máis marxinadas pola orografía e pola economía, non o sexan tamén pola nova PAC.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.