1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

131212 repartirGaliza - ODS Coia-Vigo - A Oficina de Dereitos Sociais de Coia-Vigo e Baladre (Coordinación de loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social) darán a coñecer maña, venres 14 en Compostela (ás 12:00s na Libraría Couceiro e ás 19:00hs no CS Arredista) os resultados do estudo "Repartindo a nosa riqueza", que aborda a viabilidade económica e política da implementación da proposta da Renda Básica das iguais (RBis) en Galiza.


A Renda Básica das Iguais en Galiza (RBdisG) consiste no dereito que ten cada persoa a percibir periódicamente uns ingresos que lle permita cubrir as súas necesidades. Tratase dun dereito que ha de percibirse de xeito individual; universal e incondicional e cuxa contía económica sexa, polo mínimo, igual ao limiar de pobreza. As vías para acadar os ingresos necesarios para implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal.

A RbdisG é un instrumento que ten como obxectivo: a curto prazo, redistribuír as rendas dos que máis teñen nesta sociedade para aquelas persoas que máis a necesitan; un segundo, de longo prazo, o de transformar o sistema desde parámetros de equidade e xustiza social.

Segundo o último informe da Rede Europea contra a Pobreza (EAPN), 23,7% da poboación galega, un total de 662.515 persoas, atópanse en situación de pobreza ou exclusión social no 2011, 65.386 delas en condicións de privación material severa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.