1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

231012 rajoifeijoGaliza - CIG Administraçom - O Partido Popular, a pesar de ter 135.000 votos menos que no 2009 e de perder case un punto na porcentaxe de voto, vén de conseguir revalidar a maioría absoluta aumentando en tres deputados a súa presenza no Parlamento Galego.


Ningunha maioría, por absoluta que sexa, vaille dar lexitimidade aos recortes

O descenso en votos, tanto en termos absolutos como relativos, prodúcese especialmente na Galiza urbana pese ao que se consolida como primeira forza política na nosa nación. A maioría absoluta, o 54,67% dos diputados, obtenos co 45,72% dos votos.

Agárdanos un rescate, retrasado conscientemente ata que pasase a data destas eleccións, e unha política de recortes que nas Administracións xa está iniciada e que intentará afectar ás empregadas e empregados públicos, empeorando aínda máis as súas condicións salariais, reducindo os efectivos da Administración e laminando os dereitos laborais do colectivo.

Agárdanos unha longa noite de pedra na que teremos que facer fronte a todas as políticas que supoñan un menoscabo nos nosos dereitos.

Agárdannos uns anos de confrontación social, de loita na rúa, de oposición a políticas neoliberais que van a asomar á Administración galega ao borde do abismo.

O descenso de voto ao PP nas cidades está sen dúbida relacionado coa desafección cada vez maior dos empregados/as públicos/as que foron vítimas dos recortes. Aínda así, e cunha Administración en pé de guerra, o Partido Popular consegue conservar a súa maioría e con ela o control da Administración Pública.

Os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza, que non queremos seguir a ser os principais pagadores da crise e dos recortes, imos ter que seguir en garda e con espírito de loita para frear o que se nos vén enriba. Nas nosas mans está o abreviar esta longa noite de pedra. Nas nosas mans vai estar o frear ou non as medidas que se nos queiran impoñer.

Non queda aberto outro camiño que non sexa un proceso de loita social para defender os nosos dereitos e impedir que se consoliden os plans do Partido Popular en relación á Administración Pública.

Dende a CIG animamos, incluso nos momentos máis difíciles, a todos/as os/as empregados/as públicos/as a seguir mantendo o espírito crítico e o rexeitamento a canto de lesivo haxa nas próximas medidas que o PP vai querer implantar. Ningún goberno pode manterse no poder se perde os apoios sociais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.