1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

081012 aqualiaGaliza - CIG - Os traballadores/as do servizo mobilízanse contra a decisión de Aqualia de desmantelar o convenio.


Denuncian que a empresa pretende eliminar dereitos salariais e sociais e xa reduciu o cadro de persoal un 25% dende que se prorrogou a concesión
Os traballadores/as do servizo municipal de abastecemento e saneamento de auga de Vigo concentráronse hoxe diante das instalacións da estación depuradora, na rúa Cantabria, para denunciar que a empresa concesionaria, Aqualia, pretende desmantelar o convenio colectivo para empeorar as condicións laborais. Ao mesmo tempo, dende o comité de empresa (CIG, CCOO e UGT) lembran que a compañía reduciu o cadro de persoal nun 25% dende que o alcalde decidiu prorrogar a concesión.

Dende o comité de empresa do servizo municipal de abastecemento e saneamento de auga de Vigo critican o inmobilismo da empresa tras seis meses de negociacións para renovar o convenio colectivo e denuncian que a dirección pretende eliminar moitos dos dereitos adquiridos polos traballadores/as, tanto a nivel salarial como social. "Mandaron un asesor de Madrid que pretende desmantelar o convenio e reducir o cadro de persoal centralizando servizos fóra de Galiza", censura o delegado da CIG no comité.

Ao mesmo tempo, a compañía reduciu o cadro de persoal nun 25% dende que o alcalde, Abel Caballero, decidira a finais do ano pasado prorrogarlles a concesión por cinco anos (expiraba en 2015). O secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, que participou na protesta en solidariedade cos afectados/as, lembrou que o rexedor asegurara que ía velar porque as concesionarias municipais mantivesen o emprego e respectasen as condicións laborais dos traballadores/as.

O responsábel da central nacionalista na comarca criticou a pasividade do Goberno local do PSOE á hora de evitar que a empresa empeore as condicións laborais "aplicando duramente a reforma laboral do PP" e reclamou o mantemento de todos os postos de traballo.

A protesta, que se desenvolveu de 10.00 a 11.00 horas, forma parte dun calendario de mobilizacións acordado polo comité que inclúe concentracións diante da empresa un día si e outro non.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.