1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

051012 policiasaidasamcaetGaliza - CIG-Autonómica - A Xunta de Persoal e Comité de Empresa piden explicacións ao conselleiro de Presidencia e inician a recompilación de documentación para estudar accións legais contra as persoas responsables.


O 3 de outubro de 2012 estaba legalmente convocadas 2 asembleas de traballadores públicos pola Xunta de Persoal de Servizos Centrais ás 13:30 e 16:30 no salón nº2 da Consellaría de Presidencia no edificio da Xunta de Galicia en San Caetano. Estas asembleas enmarcábanse dentro dunha xornada de peche nos principais centros públicos de Galicia convocadas pola Plataforma galega en Defensa dos Servizos Públicos. No proceso de reserva do dito salón fomos informados que máis aló das 20:00, e para impedir calquera tipo de peche, seríamos desaloxados pola policía e así informamos tamén as traballadoras e traballadores do centro.

Porén, debía haber présa, xa que a policía se presentou no salón ás 15:00 para informarnos de que tiñamos que disolver xa a asemblea e abandonar o lugar. Segundo informaba a propia policía, desde a Secretaría Xeral de Presidencia déronlle esta orde. Acompañaba unha solicitude de uso do salón cun pé escrito a man no que se lía “autorizado ata as 15:15”. Porén non tiña coñecemento da nosa  solicitude ata as 20:00h. En todo caso, nunca tal se vira que a policía se usase para xestionar o uso dos salóns en San Caetano.

Cómpre destacar que non estábamos alterando a orde e non estabamos cometendo ningún delito, senón exercendo o noso dereito de reunión de traballadores. Consideramos que a ilegalidade provén precisamente de quen usa as forzas da orde pública para desaloxar unha reunión de traballadores, pacífica, previamente comunicada e que tiña lugar durante o horario de funcionamento do centro.

Despois de discutilo na asemblea, decidimos disolver pacificamente e saír en grupo protestando polo desaloxo ilegal. Tamén se acordou solicitar ao conselleiro de Presidencia que abra un expediente informativo para depurar responsabilidades sobre o asunto. Do mesmo xeito, estamos facendo unha recompilación de documentación e testemuñas para trasladar aos servizos xurídicos dos diferentes sindicatos co obxecto de iniciar as preceptivas accións legais contra as persoas responsables pola limitación dos nosos dereitos constitucionais. Cómpre recordar que o artigo 315.1. do Código Penal especifica “que serán castigados coas penas de prisión de seis meses a tres anos e multa de seis a doce meses os que mediante engano ou abuso de situación de necesidade, impidieren ou limitaren o exercicio da liberdade sindical”.

Carta ao Conselleiro de Presidencia

"Polo presente escrito, poño no seu coñecemento os graves feitos acontecidos na tarde do día 3 de outubro nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, en San Caetano, co obxecto de que dé as instruccións oportunas para a apertura dun expediente informativo, coa finalidade de depurar as responsabilidades no que, ao noso xuizo, constutuie un atentado ao execicio da liberdade sindical, tipificado no artigo 351.1 do Código Penal.

RELATORIO DOS FEITOS:

Con motivo da celebración de asembleas de traballadores, convocadas polos órganos de representación dos SS CC para o día 3 de outubro, en data 2 de outubro envíase, ás 13:34 horas, un fax para a reserva do salón 2 de San Caetano, en horario aberto dende as 9 horas da mañán.

Posteriormente, e dado que non figuraba hora de saída, comunícasenos por teléfono que a solicitude será tramitada ata as 15:30 horas, debendo de enviar un novo fax para pedir o salón en horario de tarde. O día 3 a primeira hora da mañán chámase á oficina técnica (ext. 44242) para solicitar o salón dende as 15:00 e ponse no noso coñecemento que se non poñemos hora de saída á nosa solicitude non será tramitada e que, de acordo coas normas, non podemos indicar unha saída posterior ás 20:00 horas.

Ás 9:30 horas, envíase un fax solicitando o salón dende as 15:00 horas ata ás 20:00 horas.

Atendendo ás obxeccións postas para celebrar a asemblea, unha delegada de UGT diríxese á oficina técnica e, en conversa mantida polo Xefe de Servizo D. Juan Luis Encenarro Tomé, se lle indica que se pasará comunicado ao Ministerio do Interior e que a partir das 20:00 h seríamos desaloxados. Foron testemuñas desta conversación os empregados públicos do Servizo.

Ás 15:00 horas chegan os empregados de mantemento para pechar o salón cando estabamos congregados no mesmo un gran número de traballadores. Ponse en coñecemento destes empregados que o local está reservado ata ás 20:00, facéndolle entrega da documentación que así o acredita.

Ás 15:15 comezan a chegar as forzas do orde público e un oficial comunícanos que se non saímos do salón deberán desaloxarnos. Volvemos a ensinarlle a solicitude de salón e, estupefacto, nos indica que debe haber algún erro e que van facer as consultas pertinentes.

Ás 16:30 (hora de comezo da asemblea) temos novas de que hai 3 furgóns policiais na explanada do Edificio Administrativo e 10 minutos despois chegan varios policías ao salón de actos e nos indican, aos delegados e traballadores congregados, que no caso de non saír voluntariamente teñen orde de desaloxo; non sen antes identificar a todos os asistentes e abrir as dilixencias correspondentes.

Non dando creto dos acontecementos, pregúntase a razón desta orde, alegando que tanto a reserva como a concesión da sala cumprían todo o procedemento establecido e que a asemblea estábase a desenvolverse na máis absoluta tranquilidade, non recibindo resposta á cuestión formulada. Uns intres despois decidimos, por unanimidade, saír voluntariamente e presentar denuncia dos feitos.

Compostela, 5 de outubro de 2012

A PRESIDENTA DA XUNTA DE PERSOAL"

Vídeo do momento da saída

Foto: Polícia vigila a saída das e dos trabalhadores em assembleia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.