1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

031012 vozesGaliza - CUT - Na tarde de onte, trescentos traballadores e traballadoras convocados pola centrais sindicais CUT, STEG e SF, transcorreron as rúas centrais da cidade de Vigo nunha mobilzación atravesada polo malestar e a contundencia.


O obxecto, a reivindicación dunha "folga xeral inmediata, sen renuncias, sen oportunismos". A compañeira Eire Cid, responsábel da lectura do manifesto unitario, abría o acto dunha lembranza dos "compañeiros e compañeiras de Euskal Herría que hoxe marcan o camiño".

Nesta xornada de loita nacional, espello da valentía do sindicalismo basco ou grego que dende o seu afincamento nos intereses das súas clases traballadoras non fixo demorar unha tan necesaria convocatoria, ninguén daba atopado outra explicación ao desistimento na convocatoria galega do que unha manobra de oportunismo electoral ou renuncia á loita sindical de base. "Sindicatos da patronal, onde quedou a folga xeral?" foi unha das lendas con maior acollemento no transcurso da mobilización.

Dureza coas entidades bancarias e os seus roubos millonarios, chamados á loita obreira contra a xenfobia, o patriarcado e a explotación e mesmo unha vontade unitaria de "tombar" un sistema que non serve, foron os fíos comúns dunha mobilización na que as centrais obreiras alternativas do noso país reafirmaron o seu compromiso de continuar nas dinámicas dunha mobilización permanente que non ten outro obxecto do abrir as fendas que permitan construír un novo sistema para a maioría social sobre as ruínas do capistalismo e a súa barbarie.

"Só existimos se ocupamos espazos, a rúa" concluíu a compañeira entre chamados á folga xeral e á loita sindical. Marcaron a xornada o optimismo e ilusión de seguir a pé de obra.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.