1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)


Galiza - Diário Liberdade - 300912 desempregadosTal como vimos informando nas páginas do Diário Liberdade, a expropriaçom de comida por parte de um grupo de desempregados e desempregas leveu-nos aos tribunais, que agora @s condenou a fortes multas.


A sentença segue à risca o pedido da procuradoria e tem perfil exemplarizante, desproporcionado e injusto, dada a diferença entre os 25€ de valor dos alimentos expropriados e os 835€ de multa imposta.

Reproduzimos a seguir o comunicado remetido ao Diário Liberdade pola Assembleia de Desempregad@s da CIG em Ferrol.

"Ante a sentenza condenatoria contra os 6 compañeir@s pola acción simbólica realizada o 6 de xuño no supermercado MaxiDIA de Ferrol, dende a Asemblea de Desempregad@s da CIG queremos manifestar:

1- que o feito de que a pena imposta sexa a máxima solicitada polo Ministerio Fiscal (90€ a cada un e 275€ de indemnización á empresa DIA a pagar de forma conxunta), vén darnos a razón e confirma que con este xuízo téntase por un lado, criminalizar e frear a mobilización social en defensa dos nosos dereitos, e polo outro, dáselle amparo ás políticas antisociais e de recortes que condean á miseria a amplos sectores da poboación.

2- que esta sentenza inxusta e desproporcionada cando o custo monetario dos produtos retirados do supermercado aos que se atribúe o obxecto do furto constitúen a suma de 25.37€, mentres que a cantidade total da condea imposta @s nos@s compañeir@s ascende a 835€. Un completo despropósito que só dá forzas para reafirmármonos nas nosas conviccións e motívanos para continuar a loitar a prol das nosas lexítimas reivindicacións. Esta crise do sistema non a creamos nós e non estamos dispostos a pagar por ela!

3- como dignamente declararon os nosos compañeiros e compañeira o pasado 14 de setembro, dia da realización do xuízo, participaron nunha acción que procuraba denunciar a dramática situación pola que están a atravesar un cada vez maior número de traballadores/as desempregados/as que non perciben prestación económica algunha, e polo tanto, que non teñen recursos económicos para adquirir eses produtos de primeira necesidade que custodiam empresas como DIA S.A., véndose obrigad@s a encarar o camiño da exclusión social, inherente a este podre sistema capitalista.

4- desde a Asemblea de desempregad@s da CIG queremos solidarizarnos cos nosos compañeiros e compañeira mostrando todo o noso apoio e forzas para continuar a participar en todo tipo de mobilizacións encamiñadas a espertar a necesaria consciencia social. Facemos un chamamento ao conxunto do pobo traballador da nosa comarca a participar nas vindouras accións do noso colectivo para seguirmos traballando na mobilización social d@s traballadores/as en situación de desemprego para facer frente a todos os ataques do goberno, dos que nos últimos tempos somos un branco inerme.

Ferrol, 28 de setembro de 2012"

Foto: Diário Liberdade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.