1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220912 charaGaliza - CNT - O pasado xoves, 20 de setembro, ás 14.00 concentrámonos na porta do bar A da Chara II para denunciar a situación de explotación laboral que a nosa compañeira viviu nese negocio.


Como xa deixamos claro á súa propietaria nas pasadas festas do barrio, nas que xa recoñeceron que coñecían a nosa compañeira, CNT non vai marchar da porta do bar ata que a nosa compañeira reciba todo o que esta empresaria explotadora lle debe.

A veciñanza deu boas mostras de concordar connosco e algunhas persoas corearon os nosos lemas. Parece ser que en Conxo non hai muito aprecio pola Chara. E podemos dicir que no tempo que estivemos aló non entrou ningún cliente aínda que era hora de comer e muita xente traballa perto dalí.

Respecto a este conflicto, e para evitar confusións e inxustos prejuízos económicos, queremo aclarar que nós chamamos ao boicot co bar A DA CHARA II, situado na rúa Campo de Conxo, frente ao CSC Aurelio Aguirre e ao Hospital Psiquiátrico de Conxo. Este negocio non ten nada que ver co Restaurante A DA CHARA, situado no Polígono do Tambre, en Meixón Frío, antiga propiedade da explotadora, pero agora con novo propietario contra quen non temos nada.

Así que, lembrade, mentres non pague o que debe, BOICOT AO BAR A DA CHARA II!
PAGA XA O QUE DEBES, CHARA!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.