Os traballadores de Euskadi non queren xa seguir agardando pola decisión do sindicalismo pactista e consideran que xa non se pode esperar máis, que non pode haber nin máis dilacións nin máis distracións.
A CGT da Coruña, en coincidencia con esta data, convoca unha concentración na zona do Obelisco ás 19:30 horas, para amosar a súa solidariedade cos traballadores en loita de Euskadi e para continuar coa loita contra os recortes e as reformas antiobreiras do goberno se Mariano Rajoy. A CGT da Coruña fai un chamamento a todos os traballadores para que se mobilicen e acudan a esta concentración.
O futuro depende de nós.

