1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290812 indicador de desemprego1Galiza - CNT - A CNT de Compostela convoca concentración o próximo xoves 30 de Agosto, às 11:00 da mañá, na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, na Rúa Ramón Piñeiro, 7-9, xunto à Cova de Alí Babá e os 75 ladróns, ou Parlamento, com0 prefirades.


Estás parado? Entón, a sociedade non te necesita: desaparece.

Soa raro? Pois isto é o que sae da boca dos nosos gobernantes, políticos e empresarios día tras día, machucándonos o cerebro, tentando destruír a nosa dignidade como traballador@s e como persoas. @s traballador@s que onte mesmo estabamos a proporcionar riqueza e beneficios a esgalla para as empresas, hoxe, unha vez despedid@s, somos desprezados como algo inútil, "un problema" para a economía do país. Dinnos que xa non volveremos ter traballo, e se o conseguimos, será traballando o dobre de horas pola metade do soldo. Onde imos? É que xa non hai sitio para nós?

Dinnos no INEM que o traballo do parado é conseguir traballo, non? Vale, pois imos facelo, pero non como eles queren, mendigando un contrato, senón de verdade. Imos pedirlles a eses políticos que gañan máis de 5.000 euros ao mes que nos busquen traballo. E ímosllo a lembrar de día e de noite, até domingos e festivos.

Cursos inútiles? Non, o que queremos é un traballo digno. Vaiamos aos seus ministerios e aos seus despachos, á porta das súas casas, a pornos diante dos seus luxosos coches oficiais para dicirlles que estamos fartos, que temos dereito a traballar e que temos forza para esixilo. Non imos aguantar esta situación mentres os ricos gañan diñeiro e aos parados escatímasenos un miserable subsidio.

Sós, dun en un, non somos nada, un número nas suas fichas e nada máis. Pero xuntos, temos forza; imos demostrar que non somos inútiles, que non sobramos.

REPARTICIÓN DO TRABALLO

Redución da xornada laboral semanal a 30 horas, sen redución salarial.

Prohibición do pluriemprego e das horas extraordinarias.

- Cesamento das prácticas gratuítas e similares nas empresas: todo traballo debe ser remunerado dignamente.

Fixación da idade de xubilación aos 55 anos e prohibición da permanencia no posto de traballo unha vez superada esa idade.

Aumento do período de vacacións a 31 días laborables anuais e do permiso de maternidade-paternidade aos 3 primeiros anos.

REPARTICIÓN DA RIQUEZA

- Aumento da cobertura da prestación por desemprego. Tanto en período de cobertura como na contía da prestación.

Cobertura universal dos traballadores e traballadoras en paro, que esgoten a súa prestación ou non teñan dereito a ela, mediante un ingreso que lle permita satisfacer as súas necesidades básicas.

Emprego público rotatorio para os parados de longa duración e un verdadeiro cambio na repartición do gasto público para cubrir as necesidades sociais básicas de todas as persoas.

Eliminación do negocio da "formación para o emprego" do que se benefician "sindicatos" e empresarios, destinando os recursos ao sistema público de formación profesional.

Eliminación dos contratos precarios de formación e prácticas, fomento do emprego, contratos temporais e precarios.

Se estas propostas parécenche válidas, acode aos sindicatos da CNT para loitar por elas. O silencio é nosa peor condena. @s traballador@s en paro temos que saír á rúa, temos que converternos nun problema de verdade para que se arranxe a nosa situación. Se quedamos en casa, se nos lamentamos da nosa mala sorte, entón estamos a facer o que eles queren, que é non vernos, non escoitarnos, non sentir que estamos aí. Pois entón, que nos vexan! que nos teñan presentes todos os días!

Foto: Quino


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.