Na imagem, a carta de despedimento. Entrar para alargar.
Con esta medida FESSGA pon de manifesto, en primeiro lugar, a súa conculcación flagrante do dereito á liberdade de expresión, un dereito inalienable recoñecido na propia Constitución Española, coa vontade de ocultar á luz pública as graves deficiencias no equipamento do seu persoal laboral, como viña de denunciar a CUT no seu comunicado.
En segundo lugar, FESSGA pretende, deste xeito, intimidar os seus traballadores transmitíndolles a mensaxe de que calquera acción en defensa dos seus dereitos será duramente perseguida e penalizada pola empresa.
A CUT quere denunciar publicamente estes feitos e anunciar o comezo dunha campaña de loita sindical até acadar o fin da restitución da traballadora despedida no seu posto de traballo como lexitimamente lle corresponde.
Imagem: CUT - Carta de Despedimento