Dende o SOV da CNT-AITde Vigo, queremos informar que apoiaremos sempre calquera protesta e manifestación d@s traballadores/as públic@s, pero entendemos que non imos apoiar nin secundar ningunha manifestación que convoquen as forzas de represión do estado cos seus pseudo-sindicatos e asociacións.
Asimesmo, dende o SOV da CNT-AIT de Vigo acreditamos que, debido á falta dun convite real por parte dos convocantes (que rexeitariamos polo xa exposto anteriormente), aconsellamos á nosa militancia que, actuando en lóxica consecuencia, non apoie este tipo de esperpénticas e antiobreiras manifestacións.
Foto do Diário Liberdade - Faixas do Sindicato Unificado da Polícia (SUP) na manifestaçom de 19J em Compostela, na que a sua presença foi recriminada repetidamente por manifestantes.

