As organizacións sindicais da Área Pública acordaron, na xuntanza celebrada na mañá deste luns día 30 de xullo, continuar coas mobilizacións contra os recortes e agresións impostos polos gobernos do PP, de Mariano Rajoy e de Alberte Núñez Feijóo, contra as empregadas e empregados públicos.
CIG, CCOO e UGT teñen convocadas xa mobilizacións coincidindo coa celebración dos Consellos de Ministros no mes de agosto. A estas mobilizacións sumaranse todas aquelas organizacións sindicais da área pública que así o estimaren.
Para alén diso, en setembro retomaranse as concentracións, manifestacións e demais actos que xa se viñan celebrando todos os xoves diante dos centros de traballo. A primeira destas concentracións terá lugar o xoves día 6 setembro, entre as 11:00 e as 12:00 horas da mañá.
Do mesmo xeito acordaron convocar, como plataforma, unha grande manifestación nacional que percorrerá as rúas de capital de Galiza o vindeiro sábado día 8 de setembro. A saída está prevista as 11:30 horas da Alameda compostelá.
Tamén está previsto convocar algún tipo de acto, a concretar no mes de setembro, coincidindo co comezo do curso parlamentario.
Foto do Diário Liberdade - Protesto de dia 30 nas ruas da Corunha, em defesa do setor público.