1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170712 28Galiza - A Corunha em Luita - A Coruña e comarca están a ser duramente afectadas pola chamada crise económica e pola salvaxe aplicación das medidas que recortas os dereitos das traballadores e traballadores.


O que comezou con un goteo de peches ou EREs agora tórnase un torrente de despedimentos, paro ou precariedade. As deslocalizacións das empresas tanto do téxtil, Caramelo, Mafecco ou das plataformas de tele-marketing, Atento, Sykes. O peche de centos de pequenos e medianos comercios que converteron en rúas pantasmas moitas zonas da nosa cidade, do conflicto en Caamaño, do ERE de Isidro de la Cal, son fiel reflexo da nosa realidade, da dos traballadores e traballadoras de A Coruña e comarca, que en nada se asemella aos bancodelincuentes dos Méndez ou Gayoso que levaron á bancarrota ás dúas maiores caixas do territorio galego mentres encheron os seus petos, ou de empresarios que fan do saqueo en países de América latina o seu novo negocio como os irmáns Castro Valdivia de Hidralia Energia, presuntamente relacionados co asasinato dun dirixente indíxena en Guatemala.

Diante desta situación, semellante a moitos lugares do noso país e do Estado, os políticos da Xunta, mentres recortan axudas á dependencia, continúan a gastar miles de euros no faraónico Gaiás, de Compostela, ou en encubertas axudas ás touradas, barbaro, cruel e impopular "festexo" alleo á nosa cultura, como fai o goberno municipal de A Coruña.

Isto ten que rematar! Non podemos deixar que unha banda de delincuentes con garabata destrúan o futuro dos nosos fillos e fillas condenadas a salarios de miseria ou a unha nova onda de emigración masiva.

Non podemos tolerar os milleiros de desempregados e desempregadas da nosa cidade e comarca. Os centos de homes e mulleres que percorren as nosas rúas sen casa, sen futuro.

É por isto que A Coruña en Loita aposta pola mobilización, pola visualización dos conflitos, pola unidade e loita dos mesmos. Como a loita dos traballadores da Torre de Hércules ou a recente manifestación conxunta das traballadoras de Mafecco e dos traballadores de Emesa Trefileria no polígono industrial de Sabón. Ou como a grande manifestación unitaria do pasado día19 de Xullo na que centos de miles de persoas da Galiza fixeron publico o seu rexeitamento ás medidas do Goberno reaccionario de Mariano Rajoy, triste monicreque en mans do FMI e dos mercados de especuladores internacionais.

Non pode haber tregua, non nolo podemos permitir. Por iso, convocamos a tódolos traballadores e traballadoras, desempregados, mozos e mozas, pensionistas e estafados pola banca a participar na manifestación convocada pola nosa coordinadora de loitas o vindeiro sábado 28 de xullo, as 20:00h con saída dende a Praza de Pontevedra.

A CORUÑA EN LOITA.

Folga xeral, xa!

Unidade e loita!

Abaixo ogoberno reaccionario da Xunta de Feijóo e de Mariano Rajoy!

A desobediencia fronte á opresión, xustificase!

Que os gobernantes representen ao pobo e non aos mercados


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.