1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220512 concGaliza - CIG - Vigo, Corunha, Santiago, Ferrol, Ponte Vedra, Ourense e Lugo acolherám mobilizaçons para rejeitar os ataques do Governo espanhol do PP aos direitos da maioria social.


A Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día seguinte. A central nacionalista chama á clase traballadora galega a responder na rúa os ataques contra os dereitos da maioría social.

A CIG considera que todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir os traballadores/as e individualizar as relacións laborais.

O secretario xeral, Suso Seixo, afirma que "vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades e a exclusión social dos máis desfavorecidos". Ante isto, dende a central nacionalista están convencidos de que a única resposta contra estas reformas pasa pola mobilización.

Lugares e horarios das concentracións:

-Vigo: na Porta do Sol ás 20.00 horas.

-A Coruña: diante da Subdelegación do Goberno español ás 19.00 horas.

-Pontevedra: diante da Subdelegación do Goberno español ás 19.30 horas

-Ferrol: na Praza do Himno Galego ás 19.30 horas.

-Santiago: na Praza do Toural ás 20.00 horas.

-Lugo: diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas.

-Ourense: diante do local da CEO (Praza das Damas) ás 20.00 horas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.