1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170512 41obreirostouroGaliza - Sermos Galiza - Corenta e un traballadores da empresa 'Francisco Gómez e Cia', quedarán na rúa despois de se executar o ERE aprobado unilateralmente pola empresa e que foi xustificado en previsión de perdas futuras.


Francisco Gómez e Cia é un grupo dedicado cen por cen á construción de obra pública que xestiona ademais os terreos da mina de Touro. Eduardo Sebio, da CIG-Construción explica que nos últimos anos obtivo, pola súa actividade, uns beneficios millonarios e denuncia que agora, aproveitando a reforma laboral e alegando supostas perdas futuras pola falta de carga de traballo, decidiu aplicar un ERE que deixa na rúa a 41 traballadores.

Sebio denuncia que a actitude desta empresa, non só é inadmisíbel cos traballadores -algúns deles levaban até 20 anos traballando para ela- senón tamén reprobábel do punto de vista ecolóxico e social.

Francisco Gómez e Cia ao facerse coa xestión dos terreos da mina de Touro asumiu a obriga de rexenerar a zona afectada pola actividade mineira. Porén, o representante da CIG-Construción asegura que no canto diso, o que fixo foi aproveitalos como vertedoiro para botar lodos de depuradora, restos de conserveiras ou cunchas. "A acumulación de restos provoca uns cheiros insoportábeis e mesmo contaminou o río Lañas e o regato de Brandelos".

O representante da CIG-Construción considera que até o de agora, a empresa conseguiu acalar os veciños, malia estas prácticas, porque moitos deles, que agora son despedidos, dependían economicamente da súa actividade.

A explotación da mina de Touro podería reabrirse se os estudos iniciados son satisfactorios. De feito, unha multinacional, Lundin Minig Corporation, asinou recentemente un acordo de opción de compra. De facerse efectiva a adquisición, a operación reportaría até 60 millóns de euros á construtora. "Isto fai aínda máis inxustificábel que se aleguen perdas futuras e se despida  41 traballadores".

Foto: Sermos Galiza


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.