Dende a nosa organización, non podiamos deixar pasar esta nova oportunidade de manifestar o noso absoluto desprecio polas prácticas caciquís e escravistas que, en materia de relacións laboráis, se aplican nesta empresa coa que o noso sindicato mantén múltiples conflictos ao longo do estado e dende hai unha morea de anos. Esiximos que cesen o acoso laboral e maila persecución sindical aos traballadores.
Nos hoxe movilizamo-nos xunto con CCOO e UXT, entre outros sindicatos, en solidariedade cos traballadores inxustamente despedidos, máis tampouco imos esquencer a atitude cómplice coa dirección da empresa que manteñen algúns delegados dos dous sindicatos maioritarios, chegando a ter declarado en favor da empresa en xuízos por despedimento de compañeiros da CNT como aconteceu recentemente en Granada.
Ferrol, 12 de Maio de 2012