1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

160512 Imaxe-das-obras-na-mina-de-ouro-de-Corcoesto-Foto-EdgewaterGaliza - QPnC - Xa está en loita a recentemente creada Plataforma en Defensa de Corcoesto. Unha Plataforma creada a raíz do novo proxecto mineiro nos montes cabaneses, xa en marcha, para a extracción de ouro.


Nesta ocasión, dende a Plataforma quere facernos chegar as súas críticas ante un dos alicerces fundamentais nos que se basea a defensa desta clase de proxectos, e do proxecto mineiro concreto en Corcoesto: "a promesa da creación de emprego local".
É un dos argumentos mellor exprimidos para esta clase de proxectos empresariais, como xa dábamos conta coas piscifacotorías, facendo unha reflexión sobre o poder das palabras máxicas: "creación de emprego".

Para a Plataforma as cifras que baralla a empresa Canadense Edgewater (agora chamada Mineira de Corcoesto) e que están prantexando aos veciños, "só crean falsas expectativas de emprego locais". I é que segundo sinalan "non se axeitan á cualificación profesional dispoñible entre a veciñanza dos Concellos afectados (Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco). É dicir, non supón unha creación real de postos de traballo locais.

A empresa fala de 271 empregos que se van crear, pero tras estudar o proxecto sometido a exposición pública, destacan que "soamente uns 20 son susceptibles de ser ocupados por parados do Concello de Cabana e limítrofes".

I é que "o resto dos empregos previstos están destinados a enxeñeiros de minas, topógrafos, xeólogos, técnicos de seguridade e medio ambiente". A meirande parte destes e dos técnicos de medio ambiente, técnicos de prevención de riscos laborais e de seguridade e saúde laboral, ou persoal do departamento financeiro e recursos humanos... serán traballadores da propia empresa, e para os veciños quedarían "3 ou 4 postos de recepción e limpeza".

Así con todos os sectores da mina, como na dirección, operarios de máquinas, condutores, enxeñeiros en voladuras... moitos números pero poucos veciños coa preparación específica para a ocupación deses empregos.

Visita da USC

Cada domingo, entre as 11:00h e as 13:00h, a Plataforma artella xuntanzas veciñais informativas no Local Social de Corcoesto. Na xornada desta pasada semana recibiron unha visita especial, a de Xoán Doldán, Profesor de Economía Aplicada na USC, orixinario desta comarca.

Segundo sinalan dende a Plataforma, a visita serviu para romper moitos tópicos sobre a creación de emprego. Un clásico nesta clase de promesas é o comer un e contar 20, que dirían en clave de parchís. I é que ao parecer é legal asegurar que "se eu contrato a 3 persoas durante 3 mes para realizar un traballo, outras 3 durante 4 meses, e outras 3 durante 5 meses... podo dicir que estou creando 9 postos de traballo para un ano".

Foron moitos os veciños que se achegaron poll Local Social, e moitos os que non querían escoitar. Pero as verbas de Doldán eran claras: "as promesas de creación de emprego son ficticias".

Foto: Imagem das obras na mina de ouro de Corcoesto - Edgewater


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.