1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150512 pontedeumeGaliza - CIG - Os traballadores/as continúan o calendario de mobilizacións contra os despedimentos e os recortes salariais


Logo da marcha a pé polo concello das Pontes,o sábado pola mañá os traballadores/as do Grupo Einsa trasladaron as protestas contra o plan de axustes previsto pola dirección até a Praza da Calzada de Pontedeume, localidade no que a compañía tamén ten instalacións. Alí máis de trescentas persoas protagonizaron unha sonora cacerolada que non deixou indiferente a ninguén.

O persoal elixiu esta localización para realizar a súa protesta, xa que nesta praza está a casa familiar do fundador da compañía. Cómpre lembrar que Einsa iniciou a súa traxectoria no sector das artes gráficas na vila de Pontedeume en 1989, baixo a cobertura do plan de reindustrialización do naval.

A pesar de ter unha produción estábel e de recibir axudas públicas durante unha década por valor de 50 millóns, a partir do ano 2009 a empresa comeza o seu declive económico, tendo que refinanciarse en 44 millóns de euros. Para os traballadores/as este feito "deixa patente a intención de beneficiarse de fondos públicos sen buscar un proxecto viábel no futuro".

Agora a empresa pretende sanear as súas contas cargando os custes sobre o conxunto do persoal, pola vía dos despedimentos e as drásticas reducións dos salarios. Fronte a estas medidas agresivas, os traballadores/as das plantas das Pontes e Pontedeume continúan en folga indefinida e teñen iniciado un calendario de mobilizacións que continuará ao longo desta semana.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.