1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290410_cntGaliza - CNT - A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na manifestación do 1º de maio de que organizáción galega da CNT convoca de xeito unitario na cidade de Vigo, ás 12 horas, con saída na confluencia da Gran Vía e a rúa Urzáiz.


Desde Ferrol haberá autobuses que partirán en dirección a Vigo, saíndo ás 9 da mañá do local da CNT en Ferrol Avenida de Esteiro, 10), e facendo paradas en Fene, Pontedeume e Betanzos.

Este Sindicato organiza ademáis un acto sindical para o día 30 de abril, ás 20 horas, no seu local social (Avenida de Esteiro, 10), no que falarán Xabier Porto (secretario do Sindicato), Francisco Fernández (traballador do metal) e Eliseo Fernández (historiador).

Neste ano no que a CNT celebra o centenario do seu nacemento (1910) consideramos que a clase traballadora precisa revisar con urxencia o modelo de organización sindical existente. Desde hai moitos anos, o sindicalismo de xestión amosa a súa incapacidade para conseguir ningunha
mellora para a clase traballadora, e fracasa miserablemente á hora de defender as conquistas históricas do movemento obreiro.

Nunha data de forte significación histórica como é o 1º de maio, compre lembrar a vella consigna dos nosos antecesores: "A emancipación dos traballadores será obra dos traballadores mesmos". Porque só desde unha maior implicación da clase traballadora na defensa dos seus intereses, poderemos revertir o proceso de perda de dereitos impulsado pola patronal e xestionado polos gobernos do PSOE e o PP.

Por todo elo, neste 1º de maio chamamos á clase traballadora a sair á rúa e participar nas mobilizacións contra a perda de dereitos laborais e contra a lacra do paro.

Nin un só recorte máis!!!

Ferrol, 28 de abril de 2010
Federación Local da CNT de Ferrol


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.