1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290410_encerramentoGaliza - Vieiros - A polícia despejou esta quarta delegados e delegadas do Consórcio de I+B que protestavam pola "diminuiçom e deterioro de serviços".


"Todas as medidas que tomaron encamiñáronse a deteriorar e recortar os servizos, despedir traballadores e traballadoras, empeorar as condicións laborais e amosar unha disposición permanente de desprezo, desconsideración e falta de mínimo diálogo e negociación". Así de negativo aparece o balance que realizan desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) ao respecto da traxectoria do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar.

En protesto pola situación, as delegadas e delegados do Consorcio pecháronse durante a mañá desta cuarta feira deica as 13horas, momento no que foron desaloxados pola policía, requirida a súa presencia polo xerente do organismo.

Os traballadores critican que a administración teime en negarse a recibir, informar e negociar cos traballadores, "cunha actitude desprezativa e insensíbel co colectivo de empregadas, máis tamén co conxunto dos usuarios destes servizos esenciais para o benestar do noso país". Nesa liña lamentan o que consideran que é unha actitude "irresponsábel e totalitaria" de actuar na xestión destes servizos, no que ven como unha clara "óptica privatizadora que están a aplicar para sacar beneficio destas actividades, tratando o persoal como mercadoría e non como traballadores e traballadoras con dereitos".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.