1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260410_aquagest.jpgCIG - Practicamente o 100% dos traballadores secundaron a xornada de folga convocada para este luns. 


A práctica totalidade do cadro de persoal de Aquagest en Compostela secundou a xornada de folga convocada para este luns día 26 de abril, das 10 ás 12:00 horas. Un paro para o que nin a empresa nin  o concello decretaron servizo mínimo algún e que tivo que ser acordado entre os propios traballadores e a CIG para garantir que un servizo esencial para a cidadanía como este non quedaba descuberto. Os traballadores sumáronse ademais á concentración celebrada diante da sede da empresa, en Rodrigo de Padrón e do concello de Santiago, na Praza do Obradoiro. Mobilizacións grazas ás que conseguiron que a empresa convocara unha xuntanza para o martes 27 de abril.

Na empresa Aquagest véñense sucedendo nos últimos meses despedimentos disciplinarios, sancións e ameazas coa única finalidade de  ter amedrentada á xente para levar a cabo unha redución de plantilla encuberta, que ten como obxectivo abaratar custos e facer negocio a conta dos traballadores/as.

Desde que no Grupo AGBAR, ao que pertence a empresa, pasou a ser accionista maioritaria a francesa Suez, o Grupo anunciou tanto á dirección da empresa como ao comité unha redución do cadro de persoal dun 10% agora e outro 10% ao rematar o ano.

A nivel estatal xa se produciron varios centos de despedimentos, parte deles nas explotacións galegas entre disciplinarios e pactados, coa idea de amortizar estes postos de traballo. E isto, segundo denuncian os traballadores, nun momento no que as plantillas están moi axustadas e onde nalgún caso, é dubidoso que a empresa cubra co pactado cos concellos.

Esta estratexia por parte da empresa, rompendo unha dinámica de anos na que a negociación e o diálogo era a tónica habitual, provocou que os traballadores e traballadoras tiveran que mobilizarse para denunciar publicamente esta situación de persecución con espionaxe incluída.

Nesta campaña de mobilizacións insírese o paro de dúas horas convocado para hoxe en Compostela. Unha folga durante a que os traballadores se concentraron diante da sede da empresa, en Rodrigo de Padrón e diante do concello de Santiago, na Praza do Obradoiro.

Ao remate da concentración, o secretario do Comité Intercentros e delegado da CIG, Rodrigo Pita Aneiros, entrevistouse co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na propia praza, onde lle explicou a situación na que se atopan os traballadores/as e as repercusións que os recortes de persoal que pretende impor a empresa poden ter para a calidade do servizo.

Demandas dos Traballadores

Entre as súas demandas, os traballadores exixen a readmisión dos compañeiros/as despedidos/as e a fin das medidas de presión contra o cadro de persoal e a substitución dos traballadores/as que abandonaron a empresa con despedimentos pactados. A este respecto adiantan que non aceptarán amortizacións de postos de traballo que son necesarios porque entenden que con estes recortes Aquagest mesmo está a incumprir os acordos acadados cos concellos nas explotacións onde presta o servizo.

Alén diso, exixen a negociación das plantillas tipo por explotación en toda Galiza e que os postos indefinidos estean cubertos por traballadores tamén indefinidos e regular o papel das subcontratas e que aqueles traballos que sexan propios da explotación non se poidan subcontratar.

No decurso da pasada semana o Comité convocou diversas asembleas de traballadores na maioría das explotacións de Galiza nas que estes reiteraron o seu apoio ás mobilizacións convocadas hoxe en Compostela, o xoves en Pontevedra, o próximo luns en Ourense e o xoves día 6 en Barbanza. Mobilizacións das que se descolgou a UGT o venres 23 de abril argüíndo que tiña un preacordo coa empresa que descoñecía tanto o comité de folga como os traballadores ou a propia CIG.

Por iso, denunciaron as negociacións escurantistas e por detrás que está a facer neste momento a UGT e exixiron respecto ás decisións colectivas adoptadas nas asembleas de traballadores/as.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.