1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Galiza - CIG - 041011_lacaA CIG reclama à Conselharia do Meio Rural explicaçons polo acidente em que faleceu um trabalhador em labores de extinçom e a convocatoria do Comité de Saúde Laboral do Serviço de Prevençom e Extinçom de Defesa contra Incêndios Florestais.


Como consecuencia do fatídico accidente aéreo no que faleceu un piloto con base en Beariz (Ourense), nas labores de extinción do incendio na zona de Monterrei, a CIG exixe a Medio Rural a investigación inmediata do acontecido e que o mesmo Conselleiro de explicacións perante o Parlamento Galego do lamentábel accidente.

A CIG esíxelle a Medio Rural, como ven facendo en repetidas ocasións, o cumprimento das medidas de seguridade laboral xa non só aos traballadores dos medios aéreos, senón a tódolos traballadores e traballadoras que veñen a integrar o operativo de prevención e extinción de incendios forestais. Estamos constatando as deficiencias existentes nas citadas medidas en tódalas categorias profesionais, co risco que iso representa para as persoas que xornada tras xornada están a traballar en condicións extremas nos incendios forestais.

A CIG ven a denunciar asimesmo, o desmantelamento do servizo de prevención e extinción da Xunta de Galiza nun momento no que está ardendo a nosa comunidade polos catro costados. Decir que entre o 24 e o 25 do mes de setembro cesaron un bó número de operarios, quedando o servizo descuberto en moitas das categorias, co risco que iso representa para o medio ambiente así como para a sociedade en xeral. O operativo existente neste intre non é suficiente para extinguir o número de incendios, dándose a circunstancia que lumes que comenzan a media tarde non están rematados ata o día seguinte. Medio Rural dispón dos medios tecnolóxicos precisos para coñecer a climatoloxía con cáseque unha semana de antelación, polo que foi coñecedora do que se viña enriba, considerando dende a CIG unha deixadez de funcións por parte do goberno galego.

Por outra banda, a CIG exíselle a Medio Rural que convoque urxentemente o Comité de Saúde Laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de cara a investigación do sinistro, revisión dos protocolos de emerxenza e da entrega por parte de Medio Rural da avaliación de riscos de todo o persoal, obriga ésta que aínda a Xunta de Galiza non ten cumprido e que dende a CIG vimos solicitando reiteradamente.

Compostela, 3 de Outubro de 2011.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.