O 12 de agosto cúmprese un ano da morte de Xulio e de Rodrigo, os dous brigadistas de Seaga falecidos no incendio de Fornelos. Os traballadores de Seaga non o esquecen e por este motivo, mañá venres día 12 todas as brigadas de Seaga procederán a colocar un cartaz recordatorio en todos os vehículos así como crespóns negros tanto nos vehículos e nas fundas de traballo.
Igualmente realizarán dous paros coincidindo co descanso de 15 minutos de 11:00 a 11:15 da mañá, e de 11:00 a 11:15 da noite realizando concentracións silenciosas nas bases e puntos de encontro.
Os traballadores reiteran a necesidade de aclarar as circunstancias nas que se produciu este accidente e exixen, unha vez máis, que se minimicen as posibilidades de que este tipo de accidentes poidan acontecer.


