1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270111_cena_galega_chaoGaliza - A Nossa Terra - [César Lorenzo Gil] Ernesto Chao, presidente de Cena Galega, que representa as compañías de teatro da Galiza, explica os motivos do protesto que o sector realiza o 28 de xaneiro en demanda de que a Consellaría de Cultura lles pague as facturas de tres meses que lle adibida.


Escena Galega convoca o sector teatral para unha concentración de protesta o 28 de xaneiro, venres, diante da sede da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) en Santiago. A patronal do teatro protesta así en demanda de que a Xunta lle pague todas as facturas pendentes desde setembro do 2010, cun montante que supera o millón de euros.

"Esta mobilización chega logo dun mes de reunións, peticións e reclamacións por outras vías", explica o presidente de Cena Galega, Ernesto Chao. "A Xunta en ningún momento nega a débeda pero apraza o pagamento continuamente e a nosa resistencia está a crebarse".

A débeda que reclama Cena Galega responde aos tres últimos meses do 2010, unha facturación que supera o millón de euros e que é básico para pagar soldos e provedores así como para poñerse ao día nas obrigas fiscais. "O último que nos dixeron desde a consellaría é que o 31 de xaneiro imos cobrar porque están pendentes dun pagamento de Facenda. É curioso porque Facenda nunca atrasa unha obriga coma esa pero é a única explicación que nos dan", afirma Chao.

O sector teatral vive arestora un momento de grave crise. "Estamos, coma outras moitas empresas, sen liquidez. Os bancos non nos emprestan cartos e para paliar o día a día temos que pedirlles diñeiro a familiares e amigos ou apañar de aquí e de acolá. O teatro en Galiza vive da compra de espectáculos por parte da Xunta e dos Concellos. E os seus atrasos acaban afogándonos", reflexiona o presidente de Escena Galega.

Para Chao, o futuro é complicado para o teatro galego. "Moitas compañías terán que pechar e talvez perdamos calidade na produción. Agora unha compañía ten que pagar unha infraestrutura (administrativos, locais, actores...); se a cousa non mellora, acabaremos programando 300 monólogos, que son baratos".

Escena Galega ten moitas queixas que dar do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a quen acusan de non cumprir os seus acordos. "Cando chegou o PP ao poder estivemos seis meses sen cobrar. Tivemos que facer unha protesta no Consello da Cultura para normalizar a situación. Logo xuntámonos con Varela e co director da AGADIC, Xosé Carlos Fasero, durante tres horas para negociar o orzamento do teatro para o 2010. Asinamos, facemos a foto coa prensa e que pasa logo? Mudan a orde da consellaría no último día e reducen a contía das axudas aludindo a unha "gralla" no texto", recorda Chao. "Sentímonos incapaces de chegar a acordos cun goberno que non quere protexer e difundir a nosa cultura e que usa o diñeiro como xeito perfecto de desactivar non só o sector teatral senón a industria audiovisual, a editorial..."


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.