O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

4371374843 fdb3f95325 zGaliza - APDR - Recentemente a Defensora del Pueblo contestou negativamente á petición de iniciar un recurso de inconstitucionalidade solicitado pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e a Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM) e apoiada por numerosos grupos e organizacións como os que conforman a propia Federación Ecoloxista Galega.


Foto de Dave Emerson (CC by-nc-nd 2.0)

Dende a APDR e a PECCEM consideramos esta resposta como mínimo partidista e contraditoria dando vía libre a unha lei que permite estender a rede de telefonía móbil 4G antes de garantir os límites e as medidas de precaución necesarias:

- Por unha banda recoñece como “moi importante” o Informe Bioinitiative (revisión científica de máis de 3.800 estudos científicos que solicitan drásticos recortes dos límites de exposición ante as alteracións biolóxicas e os problemas de saúde asociados á contaminación electromagnética) e destaca que esta nova lei non contempla “as medidas de protección sanitaria, en especial para os colectivos máis sensíbeis” que se desprenderían da citada revisión científica.

- Por outra banda a “Defensora del Pueblo”, entre outras temas:

  •        Non encontra vulneración algunha do dereito da saúde nunha lei que non aplica as medidas de precaución como as xa solicitadas pola Resolución 1815 da Asemblea parlamentaria do Consello de Europa (2013) na liña recomendada pola Axencia Europea de Medio Ambiente dende 2007 e, a nivel galego, polo propio Colexio de Biólogos de Galicia.
  •        Xustifica “que o lexislador procura atallar algunhas prácticas ….” para impedir o cumprimento dos límites de seguridades da normativa estatal (criticados actualmente por obsoletos e non garantes da saúde), mutilando unha autonomía municipal e autonómica que poda ser quen de aplicar mellores medidas de protección da saúde como as recoñecidas en diferentes sentenzas do Tribunal Supremo.
  •        A “Defensora del Pueblo”, na súa resposta, esquece que esta lei anula a avaliación ambiental ligada á licenza de actividade que agora deixa de ser potestade municipal, así como tamén esquece  os múltiples contactos previos á aprobación da lei das organizacións do ámbito da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (como a APDR) a tódolos niveis (municipal, autonómico, estatal, grupos parlamentarios e municipais, …)

PARABÉNS AOS GRUPOS DA OPOSICIÓN NO PARLAMENTO GALEGO

Desde a APDR e a PECCEM transmitimos os nosos parabéns aos grupos da oposición da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galicia que votaron no mes de xullo a favor das nosas achegas nunha proposición non de lei sobre a nova Lei Xeral de Telecomunicacións. Igualmente agradecemos a tódalas concelleiras e concelleiros a presentación de mocións contra esta Lei nas catro provincias galegas


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios. Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.