1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

211012 percursoGaliza - CNT - Este xoves 18, a CNT de Compostela saíu unha vez máis á rúa nun percuso pola cidade cun dobre obxectivo, o de facer chegar á veciñanza o noso posicionamento ante as próximas eleccións autonómicas, a abstención activa, e o de realizar actos de protesta contra os partidos políticos, todos de distintas cores, mais todos fieis vasalos do capital, como amosan nos seus programas electorais e na súa praxe habitual.


Comezamos o percurso cunha concentración ante a sede do PsdG, continuamos a protesta na praza Roxa e dirixímonos despois á sede do PP, atopando moi boa acollida entre a xente que pasaba polas rúas. A intención era rematar este percurso ante o hotel Araguaney, onde se prevía a celebración dun acto electoral do PP con presenza do propio Feijóo, pero unha vez máis, os seus cans de garda impediron que lle ensuciaramos a foto. O forte dispositivo policial preparado para o acto bloqueou os accesos á rúa do hotel, aínda que non para os transeúntes, senón que só impediron a entrada ao grupo de CNT, demostrando unha vez máis de que cariz son a democracia e a liberdade de expresión das que presumen.

Só tras ter entrado comodamente e sen incidencias ao edificio o candidato da dereita "democrática", pupilo de fascistas como Romay Beccaría ou Fraga, e despois de non poucos intentos, conseguimos burlar uns controis policiais xa máis relaxados e accedemos á entrada do hotel, onde se manifestaba xa un grupo de persoas pertencentes á plataforma compostelá de afectados polas preferentes. Unímonos a este grupo en solidariedade co seu problema, protestando conxuntamente nun ambiente cordial e amosando unha vez máis que só co apoio mutuo e a acción directa se consegue plantar cara aos representantes do capital.

Non lexitimes o seu sistema. O 21O, non votes.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.