1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210912 pradoGaliza - Candidatura do Povo - Asegura esta mañá a páxina web do Concello que a multinacional téxtil Primark, pronta a instalarse na gran área comercial que Carrefour abrirá nas Cancelas en novembro, procura "mozos e mozas compostelanos que gosten da moda" (sic).


As palabras son da Directora de Recursos Humanos de Primark Iberia, Juana Rodero, e diríxese en exclusiva á xente nova de Compostela para contratar máis de cen traballadores e traballadoras xovens en condicións que agora descoñecemos.

Rodero reuniuse hoxe no Concello coa aznarista e titular de Emprego e Benestar Social, Paula Prado del Río, para asegurar a man de obra que necesita a cadea multinacional nas Cancelas. Del Río manifestou a súa satisfacción porque Primark Iberia "se teña fixado en Santiago para establecerse", motivada probabelmente polas altísimas taxas de desemprego xuvenil. Xulga a edila en base a isto que Compostela "é capaz de xerar emprego".

Supeditar o público
ao negocio privado

Así, a Axencia Local de Colocación colaborará a partir de agora no proceso de selección de máis de 100 operari@s para Primark. Esta colaboración por parte da institución municipal substanciarase na "captación e recrutamento de candidatos" e a "posta a disposición de instalacións para a realización das probas de selección". A directora de Recursos Humanos de Primark gradeceu o "apoio recibido" por parte de Paula Prado e do Concello de Compostela.

A Candidatura do Povo considera que Raxoi debe aplicar políticas activas de emprego que, cando menos, dentro do restritivo marco legal actual, palíen o desemprego e a precariedade que se viven na cidade. No entanto, por as institucións locais ao servizo da selección de man de obra dunha multinacional, cando nen sequer se explicitan as condicións laborais concretas d@s futur@s traballador@s, é inaceptábel. Máis aínda cando a experiencia sindical neste tipo de empresas evidencia altísimos niveis de explotación e vulneración de dereitos sociolaborais que, con certeza, non importan en absoluto aos ultraliberais que hoxe gobernan Compostela, sempre máis atentos á "foto" que a dar solucións reais ás problemáticas da veciñanza.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.