1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

200912 Farsa ElectoralGaliza - CIG-Autonómica - A pesar de que a finais de xuño tiñamos constancia de que a toma de posesión do persoal veterinario que participou nun concurso de traslados sería en setembro, agora a Dirección Xeral de Función Pública bota para atrás e retira a publicación que estaba prevista para o día 19 no DOG.


Detrás desta decisión segundo puidemos saber hai a orde de non realizalo para que as disfuncións que sempre se producen en procesos deste tipo (tempo entre o cese e a incorporación, persoal que asume tarefas novas nos matadoiros, lonxas, oficinas agrarias comarcais, etc.) non empanen a campaña electoral do PP no rural.

Estas disfuncións, que se producen tras calquera proceso de mobilidade do persoal, van existir antes ou despois das eleccións, agora ou en febreiro. A diferenza é que si se realiza antes do 21 de outubro tan e como estaba previsto o Partido Popular considera que se vai ver afectado e por iso non dubida en hipotecar o dereito á mobilidade de 400 profesionais que levan máis de 20 anos sen poder exercelo.

A Administración Pública e o seu funcionamento deben ser neutrais e independentes de calquera decisión electoral e funcionar con obxectividade e non funcionar en clave electoral ao servizo de ningún partido. Máis tendo en conta que estamos a falar de cuestións referentes á saúde e seguridade alimentaria de todas as galegas e galegos. Desde a CIG-Autonómica consideramos que, coma outras moitas cousas, esta toma de posesión ficará adiada até despois das eleccións non vaia a ser que se perdan un puñado de votos no rural pola diminución dos servizos veterinarios nas oficinas agrarias. Aos titulares de explotacións gandeiras se lle vai producir un inevitable inconveniente tarde ou cedo polo cambio de localidade do persoal, iso si, os inconvenientes familiares causados ao persoal veterinario que xa tiña previsto o cambio de localidade en setembro podíase ter evitado.

Foto: Chimenea Informativa - Farsa eleitoral.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.