1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

090312_conselheirofeioGaliza - Dioivo - A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de publicar no DOG unha Resolución da Secretaría Xeral de Medios pola cal anuncia que o Goberno galego destinará 1,2 millóns de euros a campañas publicitarias que promocionen as iniciativas da Xunta en materia de "identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social". Deste xeito, o Executivo de Núñez Feijóo xuntará nun so concurso público a licitación das campañas para o Día das Letras Galegas, 25 de xullo ou 8 de marzo, por exemplo.


A Resolución do Departamento que dirixe Alfonso Cabaleiro Durán anuncia o contrato do servizo para o desenvolvemento de campañas publicitarias, de aquí ó 31 de decembro do 2012, sobre a promoción das iniciativas da Xunta de Galicia en materia de identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social.

A tramitación e o procedemento é de carácter urxente e aberto e adxudicarase a licitación á "oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración".

Nestas campañas de fomento da imaxe 'galega' e 'sensible' da Xunta do Partido Popular, a Administración autonómica investirá 1.200.000 euros. Ata o de agora, cada campaña publicitaria era licitada por separado pola Xunta de Galicia. Con este cambio, unifícanse as políticas neste novo contrato por concurso xustificado para fomentar a información institucional nos campos sinalados.

Foto: Dioivo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.