1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

181112 gaza palGaliza - CNM - Queremos demandar o fin do exterminio do pobo Palestino. Hoxe o exercito israelí bombardea a Franxa de Gaza por terra, mar e aire mentres se prepara para unha nova invasión terrestre, agudizando o sufrimento dunha poboación que vive no maior campo de exterminio do mundo.


O estado de Israel continua coa súa política xenocida contra o pobo Palestino ante a pasividade e complicidade da Unión Europea e os Estados Unidos.

Rematadas as eleccións en Estados Unidos e ás portas dunhas novas en Israel políticos sen escrúpulos como Netanyahu inician unha nova ofensiva militar sabendo que contan cun dos maiores e máis modernos exercitos do mundo. Fronte a eles un pobo encerrado, aillado e sen medios para defenderse. Unha vez máis os mortos palestinos van encher as urnas dos políticos israelís.

Cantas fotos de nenos e nenas destrozadas polas bombas imperialistas teremos que ver para comprender que o estado de israel é un estado asasino e xenocida que non merece existir, que é un estado artificial criado para limpar as conciencias dos países europeos dispois da segunda guerra mundial.

Palestina é un territorio, unha nación, entregada ao sionismo para construir un estado artificial baseado nunha relixión. Este feito podemos consideralo como un dos maiores erros da historia recente da humanidade e a orixe do sufrimento e o desterro do pobo palestino.

Hoxe millóns de Palestinos viven fora do seu país en campos de refuxiados de Xordania ou Líbano. Os que aínda permanecen en Palestina estan repartidos entre Cisxordania, un territorio dividido por un enorme muro e cheo de "colonos israelis" e postos de control militar, e a Gaza, onde padecen un arresto permanente sen suministro regular de alimentos, nin electricidade, gasolina ou medicamentos.

E nós preguntamonos, onde está a ONU, por que non se cumpren as súas resolucións? Que importa xa a ONU se é un instrumento para xustificar as invasións e os bombardeos dos pobos díscolos, os que non entran polo aro do imperio. Na ONU empreganse dúas varas de medir, unha para os intereses imperialistas de Estados Unidos e os seus aliados e outra para os pobos do mundo que padecen a ocupación, o espolio, o colonialismo.

Chegará un día en que as pedras dos nenos e as nenas palestinas pararán as bombas, derrubarán os avións e destrozarán os tanques, Davide volverá derrotar a Goliat. Mentres ese día non chega nós demandamos o fin dos bombardeos, o fin do bloqueo de Gaza e a creación dun Estado Palestino.

Para que chegue ese día temos que tomar medidas de presión. Hai que romper con israel, demandamos do goberno español que rompa relacións diplomaticas, que se anulen todos os acordos comerciais e militares, que non se colabore economicamente impedindo a entrada de productos israelís.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.