1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

210116 Torque de FoxadosGaliza - GCiência - Unha investigación da USC revela que o territorio de Galiza foi pioneiro e deixou 1.100 anos antes a Idade de Pedra.


A contaminación atmosférica por metais no norte da Península Ibérica comezou hai 5.000 anos, aproximadamente entre once e dezaseis séculos antes do que sinalaban ata agora as investigacións neste eido. O grupo de investigación Ciencia do Sistema Terra da USC rematou un estudo que demostra que os sinais de contaminación por metais remóntanse ao Calcolítico, sendo os máis antigos detectados na Península Ibérica –aproximadamente 1.500 anos antes do descuberto ata agora para o Noroeste peninsular e arredor de 1.100 anos antes do aceptado para o sur da Península Ibérica. O achado forma parte dun artigo publicado na revista Science of the Total Environment.

Os novos resultados acadados en colaboración con investigadores das universidades suecas de Estocolmo e Umea e as británicas de Brunel e Aberdeen “arroxan luz no debate sobre a cronoloxía da introdución da minería e a metalurxia, cuxo inicio ata agora se consideraba que tivera lugar no sur da Península, pola influencia dos pobos que vivían ás beiras do Mediterráneo”, explica o catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e coordinador do grupo, Antonio Martínez Cortizas. A composición metálica identificada nos substratos da turbeira da Molina “parecen apuntar unha conexión entre a metalurxia do norte peninsular e outras áreas de Europa, particularmente co sur de Francia”, engade o investigador da USC, para quen as evidencias de contaminación atmosférica mostran “que o norte non estaba tan atrasado, como se cría, na introdución das ‘novas tecnoloxías’ durante a prehistoria, senón máis ben todo o contrario”.

Esta nova cronoloxía apuntada polos investigadores da USC foi posible grazas a unha liña de traballo que o grupo desenvolve na turbeira da Molina (Asturias) para reconstruír o impacto ambiental das actividades humanas durante a prehistoria recente. Segundo Antonio Martínez Cortizas as turbeiras son “sensores ideais da contaminación atmosférica xa que a deposición de metais e outras substancias prodúcese directamente dende a atmosfera”.

Actividades humanas diversas como a minería e a metalurxia, a queima de combustibles fósiles (particularmente as gasolinas) ou a incineración de residuos emiten á atmosfera metais traza que, unha vez emitidos, son transportados e depositados nos solos e nas augas, podendo pasar ás cadeas tróficas. Debido á continua acumulación de restos vexetais, as turbeiras van enterrando en capas cada vez máis profundas os elementos acumulados nun período dado. Isto posibilita que a análise de testemuños de turba, apoiados nunha cronoloxía precisa, permita facer unha reconstrución da composición da atmosfera no pasado. É unha información que os científicos consideran “especialmente importante” no caso das substancias contaminantes pola inexistencia de estudos sistemáticos que se remonten máis aló duns poucos anos ou décadas.

Neste senso, un punto importante da nova investigación é “a confirmación de que o emprego de metais deixou unha pegada recoñecible no ambiente dende os mesmos inicios da metalurxia”. O equipo utilizou a composición isotópica do chumbo e o contido de diversos metais (cromo, zinc e chumbo, entre outros) na turba como indicadores para reconstruír a intensidade da contaminación ao longo do tempo. Como engade Martínez Cortizas, as fases mostradas polo rexistro constitúen un reflexo fiel dos coñecidos períodos culturais de hai 5.000 e 2.000 anos: o Calcolítico, a Idade do Bronce e a Idade do Ferro. Segundo as análises realizadas, a fase de contaminación prehistórica máis intensa estaría localizada no Bronce Final (hai entre 3.500 e 2.800 anos).

Os resultados son “dunha grande relevancia interdisciplinaria”, opina Antonio Martínez Cortizas. Neste senso, os estudos xeoquímicos eríxense como unha ferramenta complementaria para describir a historia das actividades humanas e as súas repercusións no medio, “utilizando para isto as turbeiras como libros alternativos nos que ler aquela parte da historia que non se conservou noutros arquivos”. A modo de exemplo, o investigador apunta que os rexistros estudados demostran que as actividades mineiras probablemente tiveron lugar no contorno próximo da turbeira, nun radio dunhas poucas ducias de quilómetros, “aínda que na actualidade non queda vestixio algún de minería prehistórica”.

En consonancia co proposto nalgunhas investigacións arqueolóxicas, os investigadores suxiren que o uso continuado das minas ao longo do tempo, e de xeito particular na época romana, “tería causado a perda dos rexistros da minería prehistórica”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.