1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2015112116590624411Galiza - Sermos Galiza - [M.O] Após o suceso do filme nas salas de cinema da Galiza e das de fora do país, A Esmorga chega às casas em DVD. Falamos com os seus protagonistas sobre a acolhida do filme na assinatura de DVD que tivo lugar na manhá do passado sábado na Corunha.


Pasadas as 12h, chegaban Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris” e Karra Elejalde –ou, o que é o mesmo, Cibrán, Mil-homens e Bocas- à cafetaria da FNAC da Corunha, onde tivo lugar a assinatura de DVD ao longo de dúas horas. Facíano, acompañados do diretor de A Esmorga, Ignacio Vilar, quen admitiu estar “gratamente sorprendido” pola acollida das apresentaçons do DVD em Lugo e em Noia. Na Corunha, entre risadas e brincadeiras que transmiten a conexom que liga os atores principais e os diretores, os flashes das cámaras quase nom tiverom tempo de descansar.

En declaracións a Sermos Galiza, Miguel de Lira puxo de manifesto que con A Esmorga se “cumpriron as expectativas antes de estrearse”. “E iso que as expectativas eran  bastante altas. Sentía unha responsabilidade tan grande… a responsabilidade era maior que cando participas nun proxecto no que partes de cero e acadas o nivel X. Neste caso, partiamos da novela máis vendida da literatura galega. Todo o mundo tiña a historia na cabeza: coñecía os personaxes, as escenas…”, apunta o actor que lle deu vida a Cibrán na pantalla do cinema, “a xente tiña a historia metida no corazón e non podiamos pinchar”. E non pincharon, porque A Esmorgabateu marcas no cinema galego, ao se manter durante 15 semanas nas carteleiras e ao superar as máis de 50.000 espectadores e espectadoras só en Galiza.

Miguel de Lira salienta que os actores “tivemos que profundizar, baixar á barriga do alambique, como o bagazo social que representan os personaxes, e destilar unha augardente fílmica; volvérmonos case H2O”. “O resultado final é moi satisfactorio, sobre todo, sabendo que a película vai formar parte da historia colectiva. O filme vainos sobrepasar no tempo”, reflexiona.

Para “Morris”, que lle deu vida a Mil-homes, o balance tamén foi “súper positivo” e “sorprendente”, pois “sabía que funcionaría polos pases que fixemos, mais nunca pensei que tanta xente fose ver a película”. “O cinema ben feito ten a capacidade de chegarlle a todo o público. Da Esmorga gustou a tendeira do meu bairro e Ferrim”, exemplifica, “foi unha especie de milagre”. Cóntanos que, quen estes días compra o DVD, é nos 70% dos casos xente que xa vira o filme e que quer ficar com ele, “iso é porque cala de verdade”.

Karra Elejalde, Bocas, en A Esmorga, confesa que rodar o filme supúxolle todo un reto, “foi unha grande responsabilidade compartir papel con dous grandes do cinema galego, Morris e Miguel”. “Tiven de aprender galego, mas non de calquer xeito, senón ben, com o sotaque preciso”, explícanos o ator basco, que aprendeu a lingua graças a dous professores en oito semanas. Lembra que a rodaxe foi “dura” e “passada por auga”, “colléronnos oito cicloxéneses polo meio”. Con toda a dureza da rodaxe, declárase satisfeito e moi contente por “pôr de novo en vixencia un clássico de obrigada leitura”. “Dalgún xeito, revivimos a historia de Blanco Amor. Foi bom para a Galiza”, engade.

Tamén tivemos oportunidade de conversar co director de arte do filme, Ángel Amaro, que continua “moi agradecido” por todo o traballo realizado e pola implicación do director, Ignacio Vilar. “Deixounos tempo suficiente para percorrer cada recuncho da Praza Maior de Ourense e conversar con persoas que vivían alí na década dos cincuenta. Contábannos que en tal punto había unha tenda de xoguetes, que no outro había un limpabotas manco… e así foi como transformamos todo para recrear o ambiente da novela”. Para o director de arte un dos aspectos máis recordados da película é a esterqueira, “foron 3km2 de decorado e construímolo de verdade, como nas grandes producións, con camións e guindastres”.

Fala o público

Alberte foi unha das persoas que se achegaron á sinatura de DVD na Coruña, “paréceme un bo retrato do libro”. Fotógrafo de profesión salienta o traballo de fotografía do filme: “gustoume particularmente, como a interpretación do reparto”.

Manuela, por seu turno, destaca que o filme se “adapta moi ben ao romance. Gostei muito polos cenarios tan ben recriados e pola interpretación”.

 

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.