1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

amanu01Galiza - GCiencia - Investigadores de Paris e Canberra dim que os galegos descobrirom a Austrália 240 anos antes que Cook.


Foto - Illa de Amanu, onde chegaron os náufragos da "San Lesmes".

Reza o dito que hai galegos ata na Lúa. E, aínda que non foron atopados no satélite natural da Terra, a historia adoita confirmar calquera esaxeración ao respecto. Así sucede cos nososantípodas. Aínda que as enciclopedias atribúen a súa conquista ao inglés James Cook, son moitos os expertos que afirman que Australia eNova Zelandia foron descubertas por galegos.

Cando, en 1642, o explorador holandés Abel Tasman recalou en Nova Zelandia, atopou uns celeiros sobre piares. Eran unhas construcións estrañas, que non existían en ningunha outra cultura desa zona do globo. Hoxe, non poucos estudosos afirman que, en realidade, son hórreos… Hórreos galegos levantados polos aborixes maorís.

A orixe desta historia está na expedición que, en 1525, partiu da Corunha para a Índia, comandada por Garcia Jofre de Loaísa. O seu obxectivo era consolidar os descubrimentos feitos por Magalhães tres anos antes. E converteuse na segunda frota que logrou circunnavegar a Terra.

Entre os fitos desta expedición está o rescate de Gonçalo de Vigo, un grumete vigués que se perdera na campaña de Magalhães e que sobreviviu durante catro anos na illa de Guam, vivindo cos nativos. Por asombrosa casualidade, foi encontrado pola nova frota e está considerado o primeiro robinsón do océano Pacífico.

Pero antes deste feito insólito, sucedeu outro que marcaría esta historia: o extravío da carabela “San Lesmes”, que se perdeu no océano e xamais foi atopada. O buque, de 80 toneladas, levaba cincuenta tripulantes, dos que a meirande parte, uns trinta, eran galegos.

Durante séculos, pouco se soubo da sorte destes homes, agás por un feito moi estraño: Hai palabras e topónimos en galego en Australia, Nova Zelandia e algunhas illas do arquipélago polinesio de Tuamotu. Hoxe dáse por certo que a súa orixe está nos náufragos galegos da “San Lesmes”.

A primeira teoría expúxoa Roger Hervé, conservador do Departamento de Mapas da Biblioteca Nacional de París, que en 1982 publicou “O descubrimento fortuíto de Australia e Nova Zelandia por navegantes portugueses e españois”.

“A carabela perdida”

Pero foi en 1988 cando o historiador Robert Langdom, da Universidade de Canberra, publicou “A carabela perdida” (“The lost caravel”. Pacific Publications, 1988), na que afirma que os galegos se estableceron en Nova Zelandia, Australia e a illa de Amanu, onde narracións orais contan a chegada da “San Lesmes“.

O profesor Langdom (quen por certo comparte nome co protagonista de “O código da Vinci”), asegura que o navegante inglés James Cook, que chegou a Australia 240 anos máis tarde, atopou poboación branca nalgunhas illas e na costa australiana. Tamén localizou palavras que identifica como galegas. Ademais, cre que a relixión de Amanu, única na zona, adora o “Deus Ouro“, o cal identifica coa ansia por este metal dos europeus recén chegados.

Ao igual que, na mesma época, facía Hernán Cortés no imperio mexica, a obsesión dos conquistadores era o vil metal. Tanto preguntaban polo ouro que os aborixes chegaron a darlle carácter divino e a adoralo.

Pero, para que o caso sexa redondo, o historiador australiano di que os celeiros que comezaron a construírse na Nova Zelandia no século XVI non son outra cousa que hórreos. Hórreos galegos nas antípodas.

O estudo de Langdom conclúe que a “San Lesmes” foi arrastrada por unha tormenta e encallou en Amanu. Alí desprendéronse dos canóns, para reflotala. Segundo el, estas son as baterías do século XVI que atoparon en 1969 os franceses, durante a construción da base militar de Hao, para as probas nucleares no atol de Mururoa.

Os galegos establecéronse nestas illas, onde alcanzaron unha posición preeminente. Tras reparar a carabela, intentaron viaxar ás Molucas, pois sabían que esas illas, chamadas entón “das especias”, eran o obxectivo da Coroa española. E que, se ben xa non poderían contactar coa expedición de Jofre de Loaísa, talvez atoparían outra expedición ou a cidade forte que pretendían fundar os seus compatriotas.

Os esforzos dos náufragos da “San Lesmes” foron inútiles. A bordo da súa maltreita carabela só conseguiron vagar por Australia e Nova Zelandia, deixando a súa cultura, unha lingua, e, polo visto, un bo puñado de descendentes. Que serían os brancos que logo atoparía o capitán James Cook.

E por isto há hórreos nos antípodas. Cando menos, eso sostén un historiador da Universidade de Canberra. E algúns outros colegas no mundo. Asín, fica claro que, agás na Lúa, haiche galegos en todas as partes. E o da Lúa aínda está por ver…


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.