1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

contosexemplares2Galiza - Viraventos - A ONGD Viraventos ven de presentar públicamente o conto infantil Mundo de Cores destinado a promover a educación intercultural entre os máis pequenos por medio da historia de Diara, unha meniña “senegalega”, que nos presenta o seu mundo de cores, a súa familia, os seus costumes e tradicións. Un mundo onde a nota predominante é a diversidade con toda a súa riqueza… 


Creada en Galicia no ano 2007 como organización independente e sen ánimo de lucro, Viraventos traballa por conseguir un novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza, por medio tanto da intervención directa co colectivo inmigrante –os novos galegos e galegas- como da sensibilización da poboación sobre a importancia do coñecemento, do respecto e do diálogo entre culturas como mecanismo para contribuir á igualdade e a cohesión social. Os responsables da entidade afirman ter ideado Mundo de Cores "porque queremos unha infancia enriquecida pola diversidade, capaz de facer un País máis feliz, onde todas as persoas conten".

O conto presentouse por primeira vez o pasado 14 de maio na FNAC de A Coruña e ponse agora á venda en toda Galicia ao prezo de 9€. O recadado servirá para impulsar novas iniciativas de sensibilización social sobre a inmigración, o respecto e o diálogo entre culturas. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.