O acto comezará ao redor das 16.30 no salón de actos da facultade de ciencias sociais e da comunicación e contará con personaxes como: Lourenzo Fernández Prieto, Marga Pazos, Luís Iglesia, Isabel Risco, Vituco (Ruxe-Ruxe), Superoito e ExTensión Agraria.
Entre todo o programa da festividade haberá tamén lecturas de poemas por alumnas da Universidade de Vigo e entrega de premios dun concurso de creación literaria enfocado cara todo o alumnado da Universidade de Vigo.
Con este acto procúrase dignificar a nosa cultura e facer ver que non toda a nosa cultura é escrita, senón que tamén temos música e teatro entre outras moitas cousas.