1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

remoGaliza - Pro-Oficialidade - Esta fin de semana celebrouse na localidade cántabra de Camargo o campionato estatal de bateis onde Galiza tivo unha nutrida representación, e onde conseguiron uns excelentes resultados.


As tripulacións galegas venceron en cinco das sete categorías, escapándoselle unicamente o título dos rapaces infantís e o das rapazas xuvenís.

As finais comezaron ás catro da tarde con un insistente vento que dificultaba o inicio das probas. Como ven sendo habitual, primeiro disputáronse as probas femininas, e xa na categoría de promesas vencería unha tripulación galega. Neste caso, foi a tripulación de Vilaxoán, que se impuxo sobre as rapazas de Astillero e Orio. A continuación, na categoría xuvenil, a tripulación de Kaiku non deu opcións ás súas rivais, facendo xa a primeira ceavoga con oito segundos de vantaxe sobre as demais embarcacións, tendo que conformarse as remeiras de Cabo da Cruz coa segunda posición e Orio coa terceira. Na categoría sénior feminina, as remeiras de Chapela foron moi superiores, sendo a vitoria máis clara do día, chegando á meta con máis de doce segundos de vantaxe sobre as rapazas de Meira, e trece sobre as pasaitarras de Koxtape.

Entre os homes, mantívose o dominio das embarcacións galegas. Unicamente na regata dos máis pequenos, dos infantís, os vascos ocuparon as dúas primeiras posicións, lavándose a medalla de bronce os remeiros de A Cabana. De aquí en diante só se verían vitorias galegas. Na categoría cadete deuse a final máis axustada do campionato, onde tan só 52 centésimas separaron ás tripulacións coruñesas de A Cabana e Cabo da Cruz, quedando o terceiro posto reservado para os rapaces de Kaiku. Na categoría xuvenil, os remeiros de Mecos venceron con claridade por diante dos de Orio e dos de Tirán.

E finalmente chegou a última proba, onde a única tripulación galega clasificada para a final, Cabo da Cruz, loitaba contra os tres bateis vascos e o cántabros de Astillero. Kaiku fixo unha moi boa saída e conseguiron chegar diante á primeira ceavoga, con dous segundos de vantaxe sobre os galegos. A partir de aí, Cabo de Cruz foi recortando a distancia perdida, e xa na metade de proba ía proa de regata. Os crucenses non se conforman e aumentarían a súa vantaxe até os cinco segundos. Deste xeito, Cabo da Cruz, conseguiría a medalla de ouro, Kaiku a prata e Zierbena o bronce.

Hoxe, luns, todas as remeiras e remeiros, con medalla ou sen ela, volven á rutina. Adestrar.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.