1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cravo vermelhoGaliza - Ateneu Ferrolano - Semana “Abril Portugués”. Organizan:Ateneo Ferrolán e o Dpto. Portugués da EOI Ferrol. Do 22 ao 26 de abril no salón de actos do Ateneo Ferrolán.


* Martes día 22 ás 19,30 h.

Presentación do libro: 'Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)' de Dionísio Pereiro.


 

* Mércores día 23 ás 19,30 h.

Proxección da película "Aniki Bobó". (VO)

Director: Manoel de Oliveira

Interpretes

António Santos (I) Fernanda Matos Horácio Silva Nascimento Fernandes
 
Duración 68 m Xénero Drama País Portugal Ano 1942
 

Dous nenos, o Carlitos (Horácio Silva) e o Eduardinho (António Santos), gústalles a mesma rapariga, a Teresinha (Fernanda Matos). Un é audaz e atrevido; o outro é de carácter tímido, bo, sosegado. A rivalidade vaise acentuando e, un día, para agradar á súa apaixonada, Carlitos rouba unha boneca. Teresinha séntese inclinada para el até que un día, nunha inocente brincadeira, Eduardinho escorrega por un talud e cae ao lado dun tren que pasa. Todos pensan que Carlitos o empurrou e todos pasan a afastarse del, mentres Eduardinho sofre nunha cama de hospital. Carlitos pensa en fuxir nun barco ancorado de Massarelos, mais todo se esclarece por intervención do dono da tenda das tentacións que vira o accidente e que, no final, tira todas as sospeitas de cima do mozo Carlitos. E os nenos alí puideron de novo xogar aos policías e ladróns, ao xogo do Aniki-Bobó.


* Xoves día 24 ás 19,30 h.
 
Palestra: Falamos da  ILP "Paz Andrade" que promulga a disseminação da Galiza da língua e cultura portuguesas e que chegou ao Parlamento galego encostada pela assinatura de 17.000 pessoas.


* Sábado día 26 de abril ás 12 h.
 
Sesión Vermú con Jorge Mirancos
 
Celebrando ABRIL con Jorge Mirancos nunha Sesión Vermú onde haberá, como sempre, petiscos variados e de balde, cervexas ... e vermú.

Sortearemos tamén os bonos para o cadro de Suso Basterrecehea en apoio ao Ateneo Ferrolán


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.