1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

palavraGaliza - Sermos Galiza - Dirixida por Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres, a revista "Palavra comum" nace na rede como un espazo para o encontro das artes e as letras, con portas abertas á lusofonía.


Cunha ampla nómina de persoas colaboradoras, a revista "Palavra comum" apreséntase como "espaço digital plural para mostrar as artes e debater sobre a cultura de ontem e de hoje, respeitando as particularidades de todos e ao tempo projetando-nos decididamente para a lusofonia". Con este obxectivo, suma vozes nun lugar de encontro en que "nenhuma perspectiva generosa e sincera será estrangeira, na procura permanente de aquilo que nos une e converte a vida em um caminho frutuoso em boa companhia", din os seus promotores na presentación da nova publicación dixital.

Xavier Alcalá, Iolanda R. Aldrei, Márcio-André, Amadeu Baptista, Carlos L. Bernárdez, Inma Doval, José Estévez, Alfredo Ferreiro, Marcos Ferreiro, Xesús González Gómez, Antonio Iglesias, José António Lozano, Tati Mancebo, Xacobe Meléndrez Fassbender, Eduardo Méndez Baamonde, Alberte Momán Noval, António José Queiroz, Xulio Ríos, Bieito Romero e Ramiro Torres colaboran de maneira permanente nesta revista de artes e letras que busca ser un espazo de comunicación "entre a vangarda e os saberes tradicionais, conectados por un fío sutil ao longo dos séculos, desde a lareira ao pupitre, desde a boca da vella ao móbil do rapaz".

Espazo, portanto, para a arqueoloxía, a fotografía, a música, a literatura, a tradición, as artes visuais, a educación, a gastronomía, a historia ou o deporte nun proxecto que desenvolve Algueirada e que está xa na rede con actualización semanal.

Entre os contidos que a revista, que botou a andar no inicio de ano, ofrece atopamos o traballo en varias entregas "A sidra, un pracer ancestral" de Bieito Romero, o relato asinado por M. F en La Noche de 1957 que Xesús González Gómez intúe que é de Xosé Luís Méndez Ferrín ou os versos do poemario inédito Himal do escritor e músico Paulino Pereiro. No apartado "Galería", recolle unha ampla mostra da poesía visual de Xosé M. Álvarez Cáccamo -da que recollemos unha das imaxes nesta información-, da obra plástica de Inma Doval ou o fotopoemario de Xacobo Meléndrez e Inma Doval.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.